- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Caso contra a Familia Lin Caso contra a Familia Lin
- Created: 02 Marzo 2011 02 Marzo 2011

Cando o 25 de novembro de 2010 o Tribunal Supremo absolvía aos armadores camariñáns das inxustas acusacións do delito de pesca con dinamita aquí en camarinas.eu xa decíamos que a próxima batalla por librar sería a da liberdade de Felipe Campaña Carril, ao manter o TS a sentencia da Audiencia Provincial da Coruña que o condeaba a catro anos de prisión por tenencia de explosivos. Pois ben, ese momento é chegado e todo o concello de Camariñas debe volcarse no apoio á Familia Lin. Segundo puido saber camarinas.eu a Familia Campaña Carril inicia dende xa unha campaña de recollida de firmas para solicitar ao Goberno o indulto de Felipe baixo o lema "TODOS CON FELIPE", polo que animamos a todos os nosos lectores a sumarse á mesma firmando nas follas que xa se están repartindo masivamente por tódolos recunchos de Camariñas.
O recurso ao indulto é unha das dúas medidas que lle quedan á Familia Lin para evitar a entrada de Felipe en prisión, a outra sería recurrir en amparo ao Tribunal Constitucional. E con ésto quedarían esgotados todos os recursos posibles. A tenencia que lle aplican a Felipe sería a das 120 bombas de palenque atopadas no segundo piso do edificio no que se atopa actualmente a súa residencia, bombas en principio totalmente legais do tipo que se pode mercar en calquer Pirotecnia. En todo caso, unha cuestión que debe quedar clara ante as instancias competentes para resolver a petición de indulto é o clamor de todo un pobo a favor dun veciño exemplar, unha persoa totalmente allea á comisión de calquer tipo de delito, clamor que debe quedar corroborado polo maior número de firmas posible. Este feito, apoiado na xustiza da petición que se realiza, debe ser determinante para inclinar a balanza a favor de Felipe Campaña Carril. ¡TODOS CON FELIPE!.

Comentarios
Mais, como non sei cando irei por Camariñas, si é posible, poden enviarme unhas cuantas solicitudes porque sei que, tanto familiares meus como amigos, van a firmar a solicitud do indulto.
ANIMO FELIPE
Antonio Puertas
Por email he solicitado un impreso o formulario para suscribir la solicitud de indulto y no he recibido contestación. ¿ES CORRECTA LA DIRECCION: juan.campana@crtvg.es ?
Reyes.
Espero se pueda hacer justicia con la balanza equilibrada.
Y que la familia Campaña Carril encuentre la paz que necesita.
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.