- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Caso contra a Familia Lin Caso contra a Familia Lin
- Created: 25 Novembro 2010 25 Novembro 2010

O Día da Xustiza
O día 25 de novembro de 2010, xoves, quedará enmarcado nos anales da antiga e inmemorial vila de Camariñas como aquel no que por fin se fixo xustiza. Pouco despois da sobremesa recibíase nesta redacción unha chamada de Juan Esteban Campaña Carril, o noso querido e admirado Estudiante, unha chamada portadora dunha noticia esperada e anhelada dende que hai xa máis de tres anos se desatara o inferno para dúas familias deste concello inxustamente tratadas pola prensa, polos corpos e forzas de seguridade do Estado e polos tribunais ata o día de hoxe no que se daba a coñecer que a máis alta instancia xurisdiccional existente en España, o Tribunal Supremo, absolvía a Manuel, Carlos e Felipe Campaña Carril, a Chabeli Campaña Caamaño e Manuel Caamaño Barreiro dos delitos polo que foran inxusta, ilegal e desproporcionadamente condenados un infausto 10 de febreiro de 2010 pola Audiencia Provincial da Coruña. Xa pola mañán deste histórico xoves un brillo especial podía vislumbrarse na mirada de Sergio Caamaño. Porque con data 3 de novembro do ano en curso o TS emitío unha impecable sentencia na que tras constatar a existencia de imprecisións nas declaracións dos imputados así como na intevención das conversacións telefónicas dos mesmos, e tras considerar que "no se puede considerar probado que los acusados José Manuel Campaña y Carlos Campaña poseyeran los explosivos hallados en los bajos del inmueble donde, junto con otras personas, tenían su domicilio" e que "tampoco se puede considerar probado, por lo tanto, que Felipe Campaña entregara a los otros acusados explosivos para su uso en la pesca de cerco, ya que la posesión de los explosivos que le fueron incautados puede encaminarse a usos variados", conclúe que "Ello se traducirá en la absolución de los acusados Carlos y José Manuel Campaña Carril e Isabel Campaña Caamaño, así como la absolución de Felipe Campaña Carril respecto del delito contra el medio ambiente".
E de todo elo, sen ánimo de ser exhaustivos, poden sacarse unha serie de pertinentes conclusións: 1) A do papel xogado neste drama pola prensa chamada profesional, aquela que non dubidou en etiquetar aos encausados, humildes familias mariñeiras, como "terroristas do mar" e mediante xuizos paralelos ensuciar con claro afán sensacionalista e de forma irresponsable o bo nome duns honrados armadores, aquela que se soprendía que todo un pobo recibira aos irmáns Lin nas rúas un festivo 15 de novembro de 2007 "como héroes": ¿Onde están os terrorista agora? ¿Ante o teclado dun ordenador quizáis?; 2) A sabiduría do pobo de Camariñas, que nunca creío na culpabilidade dos encausados e por dúas veces botouse multitudinariamente ás rúas no seu apoio; 3) A firmeza da Xustiza Española, que aínda que tarde, cunha lóxica xurídica impecable reparou o dano inferido en primeira instancia polos tribunais de inferior rango e repuxo a legalidade inxustamente vulnerada; 4) A profesionalidade intachable, o bo facer xurídico do abogado Don Antonio Platas e do seu equipo, inolvidable profesor que foi na Facultade de Dereito dalgún dos redactores desta redacción, maestro e exemplo de xuristas; 5) A inocencia probada, incontestable, dos irmáns Campaña Carril e do Jallejo, o único realmente importante. Unha dura loita chega ao seu fin, coroada polo éxito, polo triunfar da xustiza, unha longa senda percorrida dende o primer momento nesta redacción xunto a Familia Lin e a do Jallejo conclúe (queda o tema de Felipe: haberá que seguir luitando duro), e no intre en que os redactores o presente subscriben díficilmente poden ocultar a súa emoción e só acertan a berrar con toda a forza dos seus encollidos pulmóns, das súas agarrotadas gorxas, un ¡¡Viva Camariñas!!

Comentarios
FIRMADO---KARINA
FELICIDADES AMIGOS E A CELEBRALO.
Antonio Puertas
Felipe ti tranquilo que o teu vai quedar en nada tamén, xa verás. Un saludo a todos
TODO O MUNDO QUERE PESCAR MAIS PERO HAI QUE FACELO RACIONALMENTE, SEN TRAMPAS, SEN HIPOTECAR O FUTURO DOS QUE VEÑEN DETRAS OU É QUE OS DEMAIS BARCOS SON PARVOS.
SE NON VOS GUSTA O MEU RAZONAMENTO SINTOO COMPAÑEIROS PERO RAZOADEME VOS EXPLICADEME O QUE BUSCADES PORQUE EU NON VOS ENTENDEO
Unha, á d´aqueles que trafican coa droga, MATANDO E DESTRUÍNDO á nosa xuventude, para os que non debe haber ningún tipo de clemencia, e que todo ó peso da Lei, debe caer sobre eles, sen miramientos, e sen contemplacións.
Outra, moi distinta, e ó tema da pesca ilegal con explosivos que, como ben dis, destrúe ó medio mariño e ó futuro dos nosos fillos, e que eu, naturalmente, tampouco estou d´acordo con esa forma de proceder.
A Xustiza xa se pronunciou e, unicamente, houbo un condenado…e, por tenencia de explosivos…¿ Por que, entón, firmamos pa que se lle concedera un indulto…? Eu penso, que todos na vida temos cometido algunha vez un erro…e, que este sen culpa, que arroxe a primeira pedra.
Os poucos anos, o non pensar debidamente as consecuencias, o afán de mellorar, etc…,fannos cometer erros que, co tempo, ímonos percatando dos fallos cometidos na nosa xuventude.
Todo o mundo ten dereito a unha nova oportunidade, e aprender de que iso non é a maneira, nin se pode facer.
O bo corazón da gran maioría da xente do mar, demostrase dende fai moitísimos anos cando, de forma desinteresada e espontaneamente , agasallaban con bolsas de peixe á todo o mundo, coñecidos ou non, que contemplaban nos peiraos á descarga ( por exémplo, de sardiña ), e, iso, asegúrocho, xa o estaban a facer os seus pais e os seus avós, coma ti, tamén, o sabrás.
Por todo iso, eu firmei, porque sei que no fondo, son boa xente.
Antonio Puertas
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.