- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Caso contra a Familia Lin Caso contra a Familia Lin
- Created: 10 Febreiro 2010 10 Febreiro 2010

Disconformidade absoluta
De ser certas as informacións xornalísticas que pululan por ahí, nos pois como din os políticos nestes casos: acatamos pero non compartimos. Non compartimos en absoluto. Nun país no que asesinos, violadores e maltratadores da peor especie reciben penas leves de prisión ou xa nin as reciben e no mesmo día no que sete acusados apresados in fraganti con ¡¡112 kilos de cocaína!! saen libres en Valencia, condenar a tres humildes irmáns mariñeiros, os Campaña Carril a catro anos, a Manuel Caamaño a tres e a Chabeli a dous anos, parécenos unha obscenidade. Con todo, débese manter a calma e esperar que instancias xudiciais superiores revisen o caso, fagan xustiza e sitúen a causa nos seus xustos términos.
Por outro lado, por un suposto delito contra o medio ambiente, os patróns das embarcacións "Lago 2" e "Manuel de Lin" non poderán ir ao mar durante 12 meses, o que ven a supoñer un golpe brutal para a economía dun concello en permanente crisis económica, situado nunha das zonas máis deprimidas de España, enviando a máis de vinte familias ao paro no medio da peor crisis que azotou a España en 50 anos. Aquí, en camarinas.eu dende o primer momento volcámonos ca defensa dun caso que entendíamos sobredimensionado e así seguirá sendo ata o final, sempre da man das familias afectadas. Por elo, co debido respeto e facendo uso do único dereito que nos asiste (o da pataleta), rogamos a súas Señorías que teñan que fallar en vía de apelación, que non traten de buscar cabezas de turco nin de dar escarmentos, e que se limiten a facer xustiza. Simplemente eso, facer xustiza.

Comentarios
acabo de enterarme desta inxusta sentenza k lle piden a familia lin,,é decir,a miña familia,,,quero mandarlle moitos animos e moita forza,,para eles,,porke non merecen esto,,e porke non me parece nada xusto o k lle piden,,,adiante primos,,,,,e si dios esta arriba vaivos a axudar,,,sorte, ,un bikiño
En este pais hay que ser ladron de millons de euros e asesinos,eses quedan en libertad en menos de nada.Queremos outra clase de xustisia porque a que temos actualmente non vale pa nada.
ANIMO, que non hai nada en firme.
Un saludo
Antonio
un saludo
Un saludo.
e tal e como foron as cousas non creo que o admitan.
ademais contratando a outro armador os barcos poden sair a faenar igual e o resto das familias que traballaban con eles podran seguir traballando e eso esta confirmado que non mo estou inventado.
obviamente hay cousas que me parecen inxustas neste pais, como o caso do guardia civil que matou a sua muller e esta fora xa o lin na voz e deberian encerralo de por vida, pero eso non quita que a posesion e trafico de explosivos non sexa ilegal, perigoso xa non so contra o medio hambiente cousa evidente,xa que pode modificar as corentes mariñas si estoupa no fondo porque cambia o relieve, modificando asi os modos de vida doutras especies, ademais de aniquilar todo o que atopa o seu redor, (si non o credes probade a estoupar eso en calquera sitio e xa me diredes) por eso se calcula a profundidade de tiro pa que non afecte o banco de sardiña que se pretende capturar e o banco suba e quede a menos profundidade facilitando a pesca. Inda que que non se queira ver e asi, pero a demais resulta perigoso contra as persoas xa que un pequeno erro e pasa unha catastrofe.
cal e o problema deste pais, que si non pasa un catastrofe non se lle da importancia. non deben ser tratados como terroristas claro que non, non tiñan intencion de matar a ninguen, non cabe a menor duda, pero hay que aceptar que traballaban ilegalmente co fin de pescar mais e conseguir mais cartos o cal tamen e perxudicial para a pesca porque e pan pa hoxe e fame pa mañan e despois non se queren piscifactorias porque o peixe non e igual pois non jodamos o que temos natural. sintocho moito por eles e unha situacion dura e triste sabendo que moitos mais que traballan como eles como en muros, non se lles fai nada o cal me parece inxusto tamen.
Änimos tamén para Juan Esteban, que é dos que peor o pasa e dos que máis lucha, lucha que xa verás como ó final da os sues frutos.
Un saludo e aquí estaremos para o que faja falta
entendo que os familiares os defendan porque eu tamen o faria polos meus asi cometesen o maior delito, pero eles sabian que o que facian non estaba ben e si, como eles un huevo de xente que sigue pescando ca dinamita cada dia.
co que dixen non pretendo ofender a ninguen, pero debemos saber que para o resto do mundo esdes a defender un delito e iso non benefia para nada a camariñas mais ben o contrario, pasara a ser o pobo da dinamita en vez o pobo do faro e do encaixe vos mesmos.
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.