Cetáceo morto na Praia de Arou

Eran cerca das 9 da noite deste martes 6 de setembro cando na redacción de Camarinas.eu recibíase a urxente chamada doutro avispado usuario da nosa web para informarnos da aparición dun cetaceo na Praia de Arou. O suposto mamífero mariño (que non lobo) era dun tamaño de considerables dimensións e, aínda que non se pudo confirmar a especia á que pertencía, falaban por alí os máis vellos do lugar que se trataría dunha grande toldiña que ven a morrer as tranquilas augas da Praia de Arou ao que outros rebatían esa hipótese e opinaban que podía tratarse dun ¿bebé? de cachalote abandonado pola manada ou morto por unha grave enfermidade... incluso hubo algún redactor desta web que decía cautelosamente que podía tratarse dun tiburón deses asasinos que tanto éxito tiveron no mundo do celuloide. O caso é que o animal pode levar xa varios días morto e á deriva si facemos caso ao deteriorado estado no que se atopa e ao edor pestilente que das súas entrañas emana. ...

Desaparición dun neozelandés en Traba

Camelle base da búsqueda do neozelandés desaparecido Salvamento Marítimo, dependente do Ministerio de Fomento, coordina dende a tarde-noite de onte un operativo de busca para tratar de localizar un bañista desaparecido na praia de Traba, en Laxe. Dende primeiras horas da mañá están a efectuar a busca a "Salvamar Mirfak", a embarcación auxiliar do buque "Don Inda" e os helicópteros "Helimer 211" e "Helimer 210" todos eles de Salvamento Marítimo; así como unha lancha da Cruz Vermella, e efectivos de Protección Civil de Laxe, por terra. Así mesmo vanse sumando ao operativo de busca mergulladores da Base Estratéxica de Salvamento Marítimo e da Garda Civil (GEAS). Arredor das 21:00 horas de onte (hora local), recibiuse unha chamada a través do 112, que alertaba da falta de noticias dun home duns 30 anos e nacionalidade neozelandesa, que entrara a bañarse na praia de Traba ás 18:00 horas e no momento da alerta aínda non regresara. De inmediato, dende o Centro de Salvamento Marítimo (CCS) en Finisterre mobilizáronse medios marítimos e aéreos para tratar de localizar o desaparecido. Os medios que participaron no operativo durante a noite de onte foron os seguintes: "Salvamar Altair", permaneceu na zona toda a noite, ata ser...

Festa do Carmen de Camelle 2011

Este miserable verán que estamos a pasar tirou por terra moitas ilusións e sobre todo desanimou moitísimo á gran comisión de festas que ten Camelle e que está patroneada pola nosa gran amiga Perla. Unha comisión que tivo que capear con moitas adversidades, non só coas inclememncias do tempo senón sobre todo coa decisión discutible dunha orquesta que non quixo tocar para os veciños de Camelle. ...
O Concelleiro Sergio Caamaño realizando a chamada aos helicópteros da Xunta

Incendio forestal en Camelle e Arou

Era as 11 e cuarto da mañá deste soleado e veraniego xoves 11 de agosto cando na parroquia máis norteña do concello saltaron tódalas alarmas a causa dun incendio declarado no monte denominado Alto do Canaval que ocupa as hectareas que separan os pobos de Camelle e Arou. O incendio era visible dende os dous pobos xa que se declarou na cresta do monte. Debido ao forte vento predominante durante toda esta mañá o lume extendeuse sen problemas e pronto se puxo en marcha por parte dos veciños e tamén por parte do Concello de Camariñas un operativo de urxencia para tratar de evitar que o pequeno pero inaccesible cacho de monte que estaba a ser pasto das crecentes lapas pudera converterse nun incendio de considerables dimensións. Ata o incendio tamén se acercaron para axudar nas labouras varios concelleiros do Concello de Camariñas entre os cales se podía ver especialmente preocupadas á representante de Camelle Mercedes Martín e de Arou Gemma Pedreira. ...

Festas do Espiritu Santo 2011

Este venres 10 de xuño de 2011, no día previo á constitución dos novos concellos que rexerán a España municipal durante o cuatrienio 2011-2015, comenzarán as festas do Espíritu Santo de Camelle. Un ano máis a nosa querida amiga Perla formou parte da Comisión de Festas organizadora do evento e como non podía ser menos deixouse caer pola redacción do xigante informativo do litoral atlántico para facernos entrega do programa que levará durante este vindeiro fin de semana a festa e a troula cara á vila máis norteña do noso concello. ...