Nova evacuación de urxencia

Acostumados como estábamos  á catarata de traxedias que durante esta primavera do 2012 está a asolar o Concello de Camariñas, na redacción de Camarinas.eu empezamos a temer o peor cando soubemos que cara ás 11:00 da mañán deste espléndido xoves 24 de maio o helicóptero de urxencias facía de novo aparición polas nosas terras. Concretamente era en Camelle onde un albañil, operario de Construcciones Tono, sufría un repentino ataque ao corazón que facía presaxiar nuns primeiros instantes de incerteza o peor. Inmediatamente os servizos médicos daban a voz de alarma, Protección Civil de Camariñas tomaba a disposicións necesarias e unha ambulancia e o helicóptero de urxencias desplazábanse cara a vila da cara norte do noso concello. Nembargantes a satisfactoria evolución do pacente así como os rápidos cuidados recibidos levaron a que finalmente fora evacuado cara o centro hospitalario en ambulancia sen ser necesaria a intervención do helicóptero que desta vez voltaba de baleiro cara a súa base. Así pois, nova mañán de sustos e sobresaltos, de vidas postas en xogo por un azar sinistro do destino, que gracias a Deus parece que non vai pasar a maiores. ...

Cetáceo varado na praia de Arou

É evidente que os usuarios de Camarinas.eu son o alma-mater desta web que día si e día tamén nos comunican acontecementos e sucesos aos que esta redacción non pode chegar por razóns obvias. Desta volta mándannos dende Arou unhas fotos do cetáceo aparecido estes días nas súas augas e que rematou por encallar en avanzado estado de descomposición no fermoso e concurrido areal da citada poboación norteña. O caso é que aínda que o animal non sexa dun tamaño considerable o cheiro que chega a expeler é moi considerable e polo tanto todo aquel que se aproxime polo impresionante paseo marítimo de Arou vese obrigado a olfatear un intenso hedor a animais putrefactos (tal e como si pasáramos polo Muelle Novo de Camariñas). Entendendo o servizo que esta web realiza para o beneficio de todas as xentes do noso concello, esta redacción púxose en contacto con Protección Civil de Camariñas a cal ao mesmo tempo comunicouse co CEMMA (Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños). Acto seguido Protección Civil volvío a porse en contacto con Camarinas.eu para informarnos de que este organismo enviará unha unidade móbil nas próximas horas hacia a Praia de Arou para catalogar ao animal e proceder...

Traslado de urxencia en Camelle

Un veciño de Camelle (Manolo do Roldán) empezouse a sentir mal sobre as 11 da mañán deste xoves 5 de xaneiro do recén comenzado 2012 cando traballaba nunha finca. Inmediatamente foi trasladado ata o centro médico camellán, onde a médica logo de facerlle un electro dou traslado do resultado ao 061 o cal movilizou unha ambulancia e un helicóptero para o seu traslado. O problema xurdío a hora de evacuar o enfermo xa que despois de telo todo arranxado para marchar no helicóptero, éste non puido obter permiso de vuelo debido ás condicións meteorolóxicas de néboa, feito que determinou que finalmente se optase por trasladar o enfermo en ambulancia. Sinalar que tamén se personaron na praia de Camelle a Policía Local, a Garda Civil é os omnipresentes voluntarios de Protección Civil ...

Temporal de inverno 15-12-2011

Últimamente ven sendo unha desagradable tradición que os grandes medios de comunicación, ao andar escasos de noticias, magnifican calqueira cousa que aconteza para darlle un tono dramático e así vender a súa historia. Nun setenta ou oitenta por cento dos casos acontece isto que vos contamos cando se trata de anunciar un temporal. E de repente aparecen as unidades móbiles de tódalas radios e televisións esparcidas polos recunchos da Costa da Morte sin que un sepa moi ben que é o que van a retransmitir dende aquí. O caso é que nin este temporal de mar foi tanto como anunciaban esas olas de 8 metros e nin siquera debería de ser necesaria a proclamación nerviosa polos diferentes gobernos e organismos de vixilancia de alerta algunha. Está ben ser precavidos, non decimos que non, pero tamén é necesario un pouco de bo xuizo ante estas situacións e non infundir o medo entre a poboación, sobre todo si se teñen os medios técnicos e humanos para saber que un humilde temporal de frío, chuvia e vento non vai a pasar a furacán. En fin, coma sempre en Camarinas.eu, houbo un avispado usuario que captou para esta web unhas imaxes do forte oleaxe...
O Conselleiro recibe por segunda vez os documentos do proxecto do saneamento de Xaviña

Inauguración da EDAR de Camelle e Arou

Este luns 26 de setembro de 2011 era inaugurada a impresionante EDAR de Camelle-Arou polas autoridades da Xunta de Galicia e que está xa a rexenerar as augas fecais de ditas poboacións do concello dende hai uns meses. A dito acto foron invitados gran parte da corporación municipal de Camariñas entre os cales se atopaban o Alcalde Pichurri entre outros representantes de ámbolos partidos. O Conselleiro de turno encargado de realizar a inauguración foi Agustín Hernández (agora cunha barbiña moi coqueta) que xa inaugurou tamén a EDAR da Ponte do Porto. Un conselleiro que pouco máis fixo por Camariñas que inaugurar obras que proxectaron e realizaron outros gobernos anteriores, sin embargo, ten a posibilidade de enmendar a súa penosa traxectoria co noso concello e tratar de levar a cabo o saneamento integral de Xaviña que a pesar de xa estar aprovado polo goberno de Touriño foi rechazdo por parte deste conselleiro quedando así Xaviña como a única parroquia de Camariñas sen esta valiosa característica para o desenrolo dun pobo. O proxecto de dito saneamento de Xaviña xa o ten o conselleiro Agustín Hernández nun dos seus caixóns do seu luxoso despacho de Santiago dende a inauguración da EDAR da Ponte...