Modesto Tajes Sánchez D.E.P.

Aos seus 61 anos falecío en Camelle Don Modesto Tajes Sanchez, popularmente coñecido na vila máis septentrional do noso concello como Modesto de Bajeras, patrón que foi dun barco mítico de Camelle, o "Galicia", portador perpetuo da Danza de Arcos camellana na súa Festa do Carme ata o tráxico día no que afundía esta embarcación lexendaria en Santa Mariña. Foi un cáncer de estómago o que en tempo récord levouse por diante a este mariñeiro exemplar ao que un 30 de xuño de 2011 éralle concedida xunto a Manuel e Francisco Tajes Méndez a Medalla de Ouro do Concello de Camariñas pola súa labor solidaria na búsqueda e rescate de afogados no mar....

Festa de San Miguel Camelle 2012

Este sábado 29 de setembro de 2012 terá lugar en Camelle unha misa solemne en honor a San Miguel, esto é, un acto oficial, e estamos aquí en Camarinas.eu apostando si algún dos principais membros do PP camariñán, ben o maxistrado do peito palomo, ben o sheriff do Club Náutico, acudirán á cita co electorado que ata o de agora os votaba por maioría. A favor: as eleccións nas que estes dous fervorosos defensores da okupación ilegal se xogan a vida están á volta da esquina e, claro, teñen que retumbar os tambores electorales, sobre todo se temos en conta que segundo unha opinión certamente extendida parece que serán os resultados nas autonómicas os que determinen o seu futuro: derrota en Camariñas, para fóra os dous; victoria: pois haberá que proporcionarlles un retiro dorado a ambos, eso sí, sempre a costa dos caudales públicos, que paguen os escravos que para eso están....

Festa de San Bartolo Arou 2012

Non sabemos si tamén contando ca xa clásica ausencia dos principais representantes do PP no Concello de Camariñas, pero o caso é que este xoves 23 de agosto arranca en Arou unha nova edición da Festa de San Bartolo. Bufff, Arou, alá arriba e esta xente siempre tan okupada... en verdade non sabemos, pero admítense apostas. No caso de que finalmente algún destes dous cráneos navieros decida asomar os fuciños pola nosa coqueta poboación norteña atopará unha xigantesca sardiñada de balde o xoves (o cal non está mal para ir enchendo o bandullo ante o negro futuro que se lles aveciña), e a actuación da Orquestra Trole. Para o venres, atoparían unha desas misas solemnes que se soen pasar polos forros tan católicos eles e unha sesión vermú e unha verbena pola que poderán andar a tombos e finalmente caer espatarrados cos pes para arriba estilo noite de San Juan a cargo das orquestras Gran Parada e Marbella. ...

Procesion Carmen de Camelle 2012

Dentro do proceso imparable de descomposición interna que dende hai máis de sete meses (exactamente dende o 10 de xaneiro de 2012) ven sufrindo a agrupación local do PP foi interesante constatar os feitos acaecidos na Procesión do Carme de Camelle o pasado sábado 4 de agosto. No que sempre foi o gran graneiro histórico de votos para os populares no Concello de Camariñas, a única parroquia na que un sólido triunfo electoral estaba sempre máis ou menos asegurado, non foron quen de enviar nin un só dos seus representantes aos actos institucionais dun dos días máis sinalados do calendario festivo camellán. Por non estar non estaba nin a súa concelleira actual pola parroquia máis septentrional do concello. ...

Festa do Carmen de Camelle 2012

Segue Camarinas.eu implicada cas boas xentes do noso concello no seu vivir diario sen xuzgalas pola súa militancia política nin pola procedencia das mesmas. Agora a caravana festeira da web líder da Costa Atlántica detense na zona máis septentrional das nosas terras, alí onde este fin de semana se honrará por todo o alto á Virxe do Carme. Todo está listo en Camelle para que este venres 3 de agosto de 2012 a orquesta Nova Generación e a disco móvil Landy marquen o inicio dos tres días de festa ininterrumpida que terán o seu clímax cando ao mediodía do sábado a espectacular Danza de Arcos de Camelle entre en acción como prolegómeno á Procesión Maritima, despois xa serán Galilea e Combo Dominicano os que amenicen musicalmente as veladas camellanas. Todo elo para o domingo 5 Grupo Midas poñer o digno telón de fondo a unhas festas ás que, como non podía ser menos, aquí en Camarinas.eu faremos un amplio seguemento e da que publicaremos a súa correspondente galería fotográfica. ...