Incendio no Barrio da Portela, Camelle

Cando un concelleiro está ao que hai que estar, centrado no seu traballo, pendente de axudar aos seus conveciños e non perdido en loitas de poder dentro do seu partido político que só afectan aos directamente interesados, reclamando a grandes voces o dereito do seu xefe a un salario digno a conta do contribuinte, entón é o primeiro en presentarse en calquer pequeno incidente que aconteza dentro da súa xurisdicción electoral. Para non ir máis lonxe este domingo 28 de xullo de 2013, sobre as 17:00 horas, declarouse un incendio no Barrio da Portela, en Camelle. Axiña se puxo en marcha un dispositivo de emerxencias que levaba ata o lugar do suceso á Protección Civil de Camariñas, a unha brigada forestal e á Garda Civil, así como aos concelleiros Juan Carlos Canosa Marcote e a Sergio Caamaño, os cales se presentaban raudos no citado enclave camellán para comprobar in situ o estado da situación. ...

José Lavandeira Vieites D.E.P.

Un tráxico e estrano falecemento conmociona a vila de Camelle este venres 21 de xuño de 2013. Ao longo desta mesma mañán podíamos saber que un dos seus máis sinalados veciños, propietario dun local mítico na vila camellana, actual tesoureiro do seu renacido e victorioso club de fútbol local así como militante histórico do PP de Camariñas, José Lavandeira Vieites, coñecido popularmente como Pepe do Chalana, falecía aos seus 49 anos no Hospital Universitario da Coruña. Hosteleiro dun local recoñecido e exitoso, rexentador do céntrico e histórico Restaurante Chalana, acudía Pepe hai pouco máis dun mes a operarse dunha hernia ao Hospital Virxe da Xunqueira de Cee e por razóns que aínda descoñecemos dende aquela quedou en estado de coma tendo que ser trasladado ao hospital herculino ata que na mañán deste venres se producía o fatal desenlace. Falecía desta forma, aínda con moita vida por vivir, relativamente xoven, un dos veciños máis queridos e carismáticos da vila máis septentrional do noso concello sumindo á mesma nunha dor profunda e un estupor incomprensible por tan desgraciado acontecemento. Os seus restos mortais están sendo velados no Tanatorio Costa de Vimianzo e o seu funeral de corpo presente terá lugar este sábado...
Os veciños de Arou volcados co espectacular Corpus Christi deste ano 2013

Espectacular procesión de Corpus Christi en Arou 2013

Para contemplar unha espectacular alfombra floral de Corpus Christi non hai que ir nin á norteña Burela nin a meridional Ponteareas, terras polo demáis cun amplio bagaxe florido recoñecido polas máis diversas institucións eclesiásticas e civís. Sin saír do noso concello, en Arou este mesmo domingo 2 de xuño de 2013 podíase contemplar un impresionante manto floreado elaborado a base do máis puro material forestal dos montes circundantes que confeccionado polas monxas que axudan a Don Jesús no desempeño do seu maxisterio pastoral e diversos veciños discurría polas rúas da poboación ata a praza no que un altar improvisado esperaba á procesión que honraba unha das principais festas cristianas. Incluso se adxuntou ao evento o disparo pirotécnico de 21 bombas de palenque cando o corpo do Noso Señor Xesucristo se introducía no relicario baixo os sons autóctonos, galegos, dun tambor e unha gaita baqueteados por sendos rapaces arouáns. En definitiva unha fermosa procesión nunha pequena poboación mariñeira do norte que competía con talento e ilusión con outros centros históricos do ramo, ata o extremo de facer totalmente innecesario visitar estas famosas vilas (aínda que algúns así o fixeran) e da que Camarinas.eu como único medio de comunicación presente no evento...

Procesión Espíritu Santo de Camelle

Camarinas.eu, a web que contempla o Concello de Camariñas como un todo informativo e na que cada parroquia aínda é máis importante que a anterior, faise eco en exclusiva da gran Procesión do Espíritu Santo de Camelle. Un batallón informativo do xigante mediático da Costa Atlántica foi enviado en misión informativa especial cara as brumas (municipais) do norte e trouxo consigo unha excelente reportaxe sobre un dos días sinalados dentro do calendario oficial camellán. A diferencia dunha oposición municipal ocupada en devorarse a si mesma a conta de urxencias sucesorias, non podía esta redacción abandoar aos nosos queridos compatriotas septentrionais en tal excepcional data e alí estivemos formando parte dunha troika oficial conformada a maiores non polo actual párroco interino de Camelle, Don Jesús, senón polos xaviñáns Don Mario e Don Lorenzo, en esforzadas labouras eclesiales supletorias axudado polas monxas e o Alcalde camariñán Pichurri, perpetuamente omnipresente nas distintas festividades das parroquias do Concello. Todo elo dou para un fermoso e entrañable evento relixioso do que Camarinas.eu publica unha completa galería fotográfica. ...

Cartel Espiritu Santo de Camelle 2013

Froito do traballo dunha nova comisión de festas, renovada e trufada de xóvenes compoñentes, xa está confeccionado o cartel qe levará nos días centrais de maio de 2013 os mellores festexos á vila máis septentrional do concello. Unha nova edición do Espíritu Santo de Camelle que se celebrará o 17, 18 e 19 de maio durante a ponte do Día das Letras Galegas. Arrancará como non podía ser menos polos nosos lares cunha impresionante churrascada durante a tarde do venres 17 e será amenizada a velada ca música da Orquestra Canadá e unha Disco Móvil con DJ Siva. Continuaremos o sábado 18 cun calendario repleto de distintas actividades festivas para finalmente o domingo 19 dar o seu xusto final á homenaxe ao terceiro dos integrantes da trinidade católica ca Orquesta Delirio. Nada mellor que desfrutar da ponte que se aproxima que na compañía dos veciños de Camelle e imbuidos de cabeza nunha das festividades clásicas desta Costa da Morte dos nosos pecados e alegrías....