Grave incendio forestal entre Camelle e Arou

A plaga de incendios que asolou Galicia este verán acabou por recalar finalmente no Concello de Camariñas. Eran sobre as 14:00 deste luns 23 de setembro de 2013 cando un grave incendio se declaraba na zona da Portela e a Lagoa, na parroquia de Camelle para ao pouco extenderse cara a outra vertiente do monte e situarse á altura da Estación Depuradora de Augas Residuais, sita a carón do porto de Arou. Dada a envergadura do lume, xa dende un primeiro momento desplazáronse ata o zona varias patrullas contraindencios incluida a propia do Concello de Camariñas que se atopaba noutro lume en Santa Comba, voluntarios de Protección Civil de Camariñas, a Guardia Civil e ata dous helicópteros e un hidroavión de loita contra o lume. Eran as primeiras horas da sobremesa cando lapas de certa magnitude descendían ameazadoras polo monte en dirección ás casas situadas nas inmediacións do porto arouán e os seus propietarios comenzaban a regar os terreos próximos por precaución. ...
Así apareceu perigosamente esta semana o parque de Camelle ao lado mesmo da Escola de Primaria

Botellóns moi perigosos no Parque Infantil de Camelle

A imaxe en verdade non podía ser máis idílica: un matrimonio newyorkino de clase alta celebra un picnic de cesta e mantel nun paradisíaco parque público. Rodeados dun céspede impecablemente trasegado, flores en ebullición e frondosas árbores, forman unha parexa de ensono: forte, robusto, co cabelo de raia o lado engominado e os pelos do peito asomando por debaixo da camisa de manga corta, sen esas modernidades que acabarían por vaciar e convertir en algo rídiculo o prototipo masculino uns anos despois, el; anxelical, modosa e dunha beleza case sobrenatural, monótona de tan perfecta, ela; dous fillos fermosos e sanos completan o cuadro. Entón, unha vez rematado o picnic, sen pararse a pensalo nin unha soa décima de segundo, Don Draper levántase e lanza polos aires a lata de cervexa recén finiquitada, a esposa ideal interpretada pola modelo January Jones axita sen moitos miramentos o mantel, deixando emporcado o céspede de restos de envases manufacturados, vanse para o coche e parten para a súa vida de extrarradio de clase alta. Se por algo non deixa de abraiar constantemente aos seus seguidores a serie "Mad Men" é pola súa perfecta, milimétrica, evocación dunha época e das súas costumes: se esto pasaba...

Cartel da Festa de San Bartolo en Arou 2013

Á espera de que o San Ramón camariñán poña o telón final ao verán festeiro municipal o San Bartolo arouán xa está aquí. A costa de grandes esfrozos os membros da comisión de festas desta coqueta poboación costeira foron quen de continuar a tradición nestos tempos de dura crise e aseguraron unha edición máis desta festividade típica de finais de agosto na Costa da Morte. Tres días de festa por todo o alto que comenzan este mesmo venres 23 e que se extenderán no medio dun xolgorio e ledicia incontrolados durante o penúltimo fin de semana de agosto. ...
Camarinas.eu presente no día grande do Carmen camellán do 2013

Camarinas.eu no Carmen de Camelle

Polo que respecta ao Concello de Camariñas, aquí en Camarinas.eu sempre profesamos unha sorte de federalismo municipal: as diferentes parroquias forman un todo inseparable e indivisible en pe de absoluta igualdade, no cal cada unha delas é tan importante como a anterior. Agora ben, transmutada esta idea ao ámbito de España xa a cousa cambia: si se cargaran dunha vez as malditas autonomías (e as deputacións provinciais) sinceiramente creemos que viviríamos nun mundo mellor, sobre todo polo que respecta ao sinfín de cargos políticos dos distintos partidos que irían directamente ao paro e a baixada de impostos consecuente. Tamén nada que ver por suposto cos arriscados xogos de poder de obesos aprendices de bruxo que hai uns anos defendían e animaban intentonas de secesión dentro do noso propio término municipal (asunto da piscifactoría de Camelle) e que agora se adican a insultar e despreciar a parroquias enteiras (Ponte do Porto) a conta do rexeite xeralizado nas mesmas  das súas escasas e irrisorias opcións políticas, practicando, xa acorralados e sen opción para máis, unha especie de rudimentario, obsceno e perigoso nacionalismo camariñán de baixo ventre. ...

Festa do Carmen de Camelle 2013

Continúa sin pausa o calendario festeiro do Concello de Camariñas desta vez cunha nova edición da Festa do Carmen de Camelle que este ano 2013 conta con un apetitoso cartel. Este venres 2 de agosto comezará a xornada festiva coa actuación folclórica das Escolas Municipais de Baile do Concello de Camariñas. A partires das 11 da noite gran verbena amenizada pola orquestra Álkar. Ao rematar á orquesta actuará o noso querido amigo DJ Xiva con toda a súa potencia discotequera. O sábado 3 de agosto, día grande da festa, será baixada a Virxen do Carmen ata o porto de Camelle acompañada da banda de gaitas Jolpe de Mar e a tradicional Danza de Arcos de Camelle. Acto seguido celebrarase a misa de campaña no peirao que precederá a espectacular procesión marítima ata Arou e Praia de Traba. Para finalizar a mañán do Carmen de Camelle celebrarase unha sesión vermouth coas orquestras Novo Estilo. Xa de noite esta orquesta estará acompañada por "Amistad de Vigo" que fará as delicias dos máis bailadores. O domingo terá lugar unha misa solemne ás 13:30 horas en honor á Virxen dos Remedios acompañada pola Danza de Arcos de Camelle. Tamén contaremos con outra sesión vermouth...