O Faro de Camelle destruido por un forte golpe de mar

Continúan a acontecer sucesos dramáticos na vila norteña do concello e esta mañá amanecía ferido o porto de Camelle por mor do máis letal dos temporales que asolou esta noite a todo o Concello de Camariñas. A sinal marítima que daba remate ao impoñente dique do porto camellán desapareceu de súpeto debido a unha baga de fortísmos golpes de mar que borraron do mapa para sempre ao coqueto fariño que iluminaba a punta do muelle máis septentrional do noso concello. Acontecía este suceso na noite máis desapacible dun ano 2014 que, pese a ser anunciado como o ano da recuperación económica, por estos lares está a causar máis estragos que gran parte do ano anterior e en tan só unha noite rexistráronse máis incidentes en toda a costa que en todos os archianunciados temporais e cicloxénesis anteriores. Polo momento, no que respecta a Camelle, tan só pudemos certificar a desaparición da señal marítima do seu porto debido a este forte temporal aínda que sí houbo outras incidencias menores que non pasaron a máis. Esta tarde un operativo informativo de Camarinas.eu trasladarase ata Camelle onde tetará realizar unha reportaxe máis exhaustiva do acontecido. ...

Rescatados dous turistas cataláns en Camelle

Sobresaltado fin de ano na cara septentrional do Concello de Camariñas. Eran sobre as dúas da tarde deste pasado 31 de decembro de 2013 cando dous turistas procedentes da provincia aínda española de Tarragona se adentraban andando ata a punta do muelle de Camelle. Os incautos exploradores, sen decatarse do perigo que corrían debido as fortes marexadas con ondas de varios metros de altura que imperan na Costa da Morte estas semanas, foron sorprendidos por un forte golpe de mar que os arrastrou auga adentro quedando a mercede das correntes. Nesta situación límite, foi providencial a presencia ca súa chalana do noso amigo Maximino de Camelle que, raudo, percatouse do suceso e trasladouse ata o lugar dos feitos onde rescatou aos dous turistas que se atopaban a dous pasos mesmos de morte. Ata o lugar do suceso trasladouse pouco despois unha dotación de Protección Civil de Camariñas así como unha patrulla da Garda Civil que se fixeron cargo dos incautos aventureiros cataláns. Cando un, sexan sinxelas persoas anónimas ou pobos enteiros, se aventura de xeito irracional e irreflexivo por camiños descoñecidos, esto é o que soe pasar. ...

Ataque Eléctrico despiadado sobre Arou

Tal vez todo remita a unha loita encarnizada entre antigas deidades, e un vingativo Thor, o Deus escandinavo do Trono, quixese gañarlle a partida ao Deus dos cristianos na súa data máis sinalada. Elo podería explicar como unha chuvia de raios se abatío sen compasión sobre o occidente atlántico galego, antiga terra cristiana, nos sagrados días da Natividade do Señor. Devastando templos, azotando casas, partindo en canal árbores. A pegada máis ameazante deste desencadeado ataque nórdico a vivíamos no noso concello máis ou menos ás mesmas horas nas que un raio fatal convertía en cinzas un dos máis refulxentes centros de peregrinación do catolicismo. Eran sobre ás 6:30 do mércores 25 cando un raio acertaba en cheo sobre a vivenda situada no número 32 da Rúa dos Páxaros de Arou, non lonxe do porto da localidade. Acabou con toda a instalación eléctrica da casa, fixo saltar a varios metros os térmicos dos cuadros, e deixou fóra de combate todos os electrodomésticos do fogar, a caldeira incluida. No exterior, aparte da antena que quedou calcinada, a bola de lume celeste tirou con parte da cornisa, co canalón e incluso abrío un burato na carretera. Na súa febre homicida, os danos colaterais...

Accidente de circulación na carretera Ponte do Porto - Camelle

Cáseque no mesmo punto no que non hai tanto tíñamos que lamentar unha víctima mortal, voltou a haber un accidente. Ocurría esta mesma tarde, sobre ás 15:30 horas, cando na carretera que une as vilas de Ponte do Porto e Camelle un utilitario de marca Renault por causas en principio descoñecidas pero que fácilmente poderían reconducirse a un exceso de velocidade saíase da calzada e embestía violentamente contra a masa forestal que acompaña o camiño ata a poboación que perpetuou Manfred Gnadinguer. Por fortuna non houbo que lamentar danos personais e a conductora do vehículo saía polo seu propio pe do mesmo sen maiores consecuencias que un forte susto e un coche seriamente danado. Ao momento facían acto de presencia no lugar dúas motocicletas da Guardia Civil e a omnipresente patrulla de Protección Civil de Camariñas, sempre prestos a botar unha man cando a situación así o require. Tamén estaba alí o medio de comunicación que fixo do rastreamento intensivo e incansable do seu concello unha obriga moral para levar ata o derradeiro recuncho do mundo no que se atope un camariñán noticias frescas da súa terra. Desta volta e gracias a Deus, non houbo que lamentar as consecuencias. ...

Temporal de mar na costa de Camelle

A imaxe desta semana, que preludia o que está por vir (un longo e cansino inverno de temporais, marexadas, frotas amarradas e tardes na casa, ou bueno, no bar tamén) foi captada este pasado luns 28 de outubro en Camelle. Unha estampa polo demáis típica do porto camellán: as olas sobrevoando o seu dique abrigo. Con todo poido ser peor xa que existía unha previsión de fortísima marexada con ondas de ata sete metros que finalmente quedaron no clásico mar de fondo camellán, capaz de remontar sen maiores inconvintes todo un flamante espigón novo, e que trouxo consigo cantidades industriais de algazo Da necesidade os camelláns fixeron virtude e así un importante remanente do mellor fertilizante mariño repousa fecundo sobre as terras máis septentrionais do noso concello. Este ano a colleita prevese abundante en Camelle, parroquia na que terra e auga conxugan os seus esforzos para incluso nas peores circunstancias deparar sempre algo grandioso. ...