Segue a fulminante desertización da Praia de Arou

Na que era a máis productiva pesquería do continente centroasiático, o Mar de Aral, a que marchou fui a auga e deixou unha estampa desolada de oxidadas estructuras ferruxentas languidecendo baixo o implacable sol do deserto. En Arou a que se fui dun día para outro fui a area, roubada tal vez por ese mar desaparecido do Aral e deixounos a estéril imaxe dun areal de bolos. Se nun caso a explicación da hecatombe cabe buscala nuns dirixentes soviéticos empeñados en sobreexplotar os cursos hídricos da zona con destino aos sedentos cultivos de algodón da veciña República de Uzbekistán, noutro sinxelamente cabe achacar a desgraza a peor sucesión de temporais de todo tipo dos últimos cincuenta anos e así o que era un activo seguro do Concello de Camariñas cando chegaba o verán, unha das mellores e máis prácidas praias da Costa da Morte, luce agora moribunda sen proveito algún para ninguén. Postos a buscar solucións ao drama, poucas alternativas se nos ocurren para tratar de revertir unha realidade apocalíptica, máis alá de que a mesma natureza, tal esas mesmas augas roubadas por enxeñeiros rusos nas estepas desoladas do centro de Asia, reintegren pouco a pouco o sustraído. E sen...

A praia de Arou convertida nun coido de bolos polos temporais

Segundo contan as prediccións, o inxente conxunto xornalístico-gráfico composto polas reportaxes de Camarinas.eu adicadas aos temporais do inverno 2013-2014 poderían haber chegado ao seu fin. Con este de Cristina, a catarata máis desaprensiva de cicloxénesis explosivas da que se teña memoria deixaría paso a unha apariencia certa de clima benigno que, a salvo algunha que outra recaída inesperada, nos situaría ás portas mesmas dunha primavera. Con todo, este temporal crepuscular incidío dolorosamente nunha preocupante ferida aberta que se estaba a vivir en Arou e levouse consigo a pouca area que quedaba na súa en tempos fermosa e concurrida praia deixando un inservible coído de bolos de pedra. Unha vez perpetrada a catástrofe tan só queda conxeturar se co bo tempo e o reanudado normal ritmo das mareas a area volve pouco a pouco cara o litoral arouán. A posibilidade de incurrir en analoxía con certo mentecato subnormalizado que culpaba de certo diluvio universal ao Concello de Camariñas e botarlle as culpas, non sabemos, a ver,  alguén por ahí, ¿Costas do Estado?, lóxicamente está por completo descartada. Os ceos parece que voltarán a lucir pero o rastro do peor inverno das nosas vidas na Costa da Morte non pode ser máis...

Espectacular accidente na carretera da Ponte do Porto a Camelle

Nas primeiras horas deste venres 28 de febreiro de 2014 asistíamos novamente a un espectacular accidente na carretera que une a Ponte do Porto con Camelle. O suceso producíase cando  un rapaz porteño que se dirixía cara a poboación máis septentrional do noso concello a recoller a un compañeiro co que desprazarse a un curso saíase da calzada por razóns descoñecidas indo a estamparse de morros contra un riachuelo. Miragosamente, o conductor saía polo seu propio pe do vehículo accidentado, un Peugeot 206, e dirixíase andando cara a súa casa, onde tras notar unha persistente dor nunha perna trasladouse ipso-facto ata o Hospital Virxe da Xunqueira de Cee. Foi tal o accidente,  que os responsables da compañía de seguros falan da necesidade de traer ata o lugar unha grúa especial que se faga cargo do rescate dun coche que se atopa nun terraplén cun desnivel de ata seis metros. Asesmesmo ata o lugar dos feitos, unha carretera tristemente famosa polos seus habituais accidentes de locomoción, xa con anterioridade desprazáranse a dotación de Protección Civil de Camariñas así como dúas patrullas da Garda Civil de Tráfico que comprobaban aliviadas o aparatoso dun suceso no que, gracias a Deus, parece que non...

Atopada unha foca na praia de Lobeiras en Arou

A derradeira sorpresa da vaga de temporais que están a caracterizar o curso invernal 2013-2014 acontecía na tarde deste mércores 12 de febreiro en Arou cando unha foca aparecía na súa Praia de Lobeiras. Onte era avistada polos veciños e na mañán deste xoves xa algúns deles xa entablaban contacto ca mesma. Atoparon a un exemplar pequeno e ferido, polo que é necesario o inmediato desprazamento ata o lugar de especialistas do CEMMA, a Coordinadora para o Estudo de Mamíferos Mariños, a ONG que dende 1999 leva acudindo a socorrer o varamento na costa galega de mamíferos e tartarugas mariñas. O primeiro en dar noticia deste sorprendente descubremento era o camellán Ignacio Lobelos na súa conta do facebook. Con todo, non deixa este sorpresivo varamento de suscitar algunha que outra analoxía ca toponimia do lugar do seu varamento, a Praia de Lobeiras, quen sabe se en tempos remotos lugar de descanso ou tránsito de lobos mariños. Tal vez a resposta sexa outra e haia que buscala na remota Siberia, ao carón mesmo da cidade de Irkutsk, non lonxe da fronteira de Mongolia, no Lago Baikal, famoso pola profundidade e pureza prístina das súas augas así como por albergar unha das...

Dous de Febreiro: Desastre na costa polo temporal

Agora parece que xa non se fala moito deso, pero a historia dou para que uns cantos (bastantes) se encheran os bolsillos ao longo de todos estos anos negociando cos medos das boas e incautas xentes. Porque a verdade nós non sabemos como se encaixa a pamema do quentamento global, dos calores tropicais abrasadores, cun inverno que xa non só é como os de antes, senón posiblemente bastante peor. O máis dantesco en tres décadas, polo baixo. E non atenúa esta crencia xeralizada o feito de que o confort material, a protección humana fronte as agresións exteriores, se houbese disparado durante este tempo: se non, comparen aquelas ventanas, aquelas casiñas, aqueles rudimentarios coches, aquelas roupas de abrigo, de principios dos destartalados 80 co desenrolo da técnica humana actual. E aínda así, todos temos a impresión de que este inverno 2013-2014 pode con todo, arrambla co que atopa ao  seu paso, lugares comúns e tópicos artificiais metidos nas cabezas do electorado durante décadas a base de propaganda masiva incluidos. O derradeiro tombo en demoler todas e cada unha das campañas da Industria do Medo foi o que se estampou ca potencia propia dun linebacker dos Seattle Seahawks contra unha caseta do...