MAN: Mar, Arte e Natureza - Comeza a musealización da obra do Alemán de Camelle

MAN: Mar, Arte e Natureza - Comeza a musealización da obra do Alemán de Camelle

Comeza a vislumbrarse o proxecto durante o que traballaron intensamente durante os últimos anos dende o Concello de Camariñas. "Man: Mar, Arte e Natureza" é o proxecto estrela que, en palabras dos responsables do traballo marcará un antes e un despois na proxección turística da vila de Camelle e na conservación do patrimonio do anacoreta camellán. Un proxecto que comeza a desvelarse pouco a pouco coa presentación da páxina web www.mandecamelle.com que se puxo en marcha hai uns días e que nos mostrou orgulloso un dos principais precursores deste proxecto como é o concelleiro socialista e veciño de Camelle Juan Carlos Canosa Marcote. Unha páxina web que presenta un deseño innovador e uns contidos que se están a publicar día tras día. Esta páxina web será, según nos contan, a punta do iceberg do que representará o proxecto íntegro no que se está a traballar. Pero antes de coñecer todo o total do que suporá esta importante iniciativa para a vila máis norteña do concello deixámosvos con un pequeno resumo do proxecto que promete cambiar a proxección da vila de Camelle hacia o mundo: "Man: Mar, Arte e Natureza" ...
María Bermúdez Mouzo, Descanse en Paz

María Bermúdez Mouzo, Descanse en Paz

Novo falecemento no Concello de Camariñas. Neste caso hai que irse para atopar a dor e o aflicción por un novo deceso na cara norte municipal, concretamente na vila de Camelle, onde falecía este xoves 25 de setembro aos seus 84 anos a Dona María Bermúdez Mouzo. Era dende hai tantos anos Señora María esposa dun coñecido taxista camellán, popularmente coñecido na vila máis septentrional do noso concello como o Moreno, e deixa catro fillos. Nestes momentos está sendo velada no Tanatorio San Vicente de Vimianzo dende onde cara ás 15:30 horas deste venres 26 de setembro de 2014 sairá a comitiva fúnebre con parada final na Igrexa Parroquial de Camelle onde se oficiará o funeral de corpo presente. Vaia dende Camarinas.eu o noso máis sinceiro pésame e condolencias cara os familiares e amigos de Dona María Bermúdez Mouzo, a cal sinceiramente lle desexamos que Descanse En Paz e que Deus a acolla na súa Gloria ...
Berta Marcote Pardiñas, Descanse en Paz

Berta Marcote Pardiñas, Descanse en Paz

Continúa o incesante goteo de decesos que tornan de tristeza a todo un concello. Na tarde deste domingo 14 de setembro de 2014 deixaba este mundo Dona Berta Marcote Pardiñas. Falecía esta querida veciña de Camelle na súa casa do Campo de Area da vila máis norteña do concello aos 80 anos de idade despois de pasar tantos anos encamada por mor dunha longa enfermidade. Dona Berta está sendo velada na súa casa e o funeral de corpo presente está previsto que se celebre ás 15:30 horas na Igrexa do Espírito Santo de Camelle dende onde partiran os seus restos mortais ata o Cemiterio Parroquial de Camelle para ser cristianamete soterrados. Dende Camarinas.eu queremos expresar as nosas condolencias a toda a familia e amigos de Dona Berta especialemte aos seus dous fillos. Descanse en Paz. ...
Cartel da Festa de San Bartolo 2014 en Arou

Cartel da Festa de San Bartolo 2014 en Arou

Pois xa nestas datas de mediados do verán máis desapacible que se lembre nestes últimos anos todo o entramado festeiro camariñán parece encamiñarse cara un fin. Deste fin de semana que se aveciña en diante todo será unha costa abaixo veraniego ata que alá polos comenzos de setembro, en plena Barca de Muxía, poidamos dar por finiquitado outro calendario estival. Un preaviso do aserto que realizamos soen ser as festas de San Bartolo en Arou, que por aquelo do eterno retorno nitzscheano este ano veñen a caer os días 23, 24 e 25 de agosto. Ahí haberá de todo: unha gran churrascada, unha disco móvil, unha agrupación musical o sábado 23; as Orquestas Escaparate e Pasito Show o domingo 24 e Marimba e Nievla o luns 25. Todo elo acompañado de pasarrúas, bombas pirotécnicas, misas solemnes e a ledicia e o orgullo dos arouáns por celebrar un ano máis, ese eterno retorno nitzscheano, as súas queridas festas en honor ao seu Santo Patrón. ...

Limpeza e acicalamento total da Praia de Arou

Parece que finalmente todo ven a dar o seu, nunca chovío que non escampara, e a praia de Arou lucirá un aspecto impecable para o verán que se aveciña. Certamente saltaran todas as alarmas e cundira certo pánico cando por mor dos temporais sucesivos que asolaron a costa galega este pasado curso invernal o areal arouán acabou convertido nun pedregal. A area leváraa o mar e un océano de pandullos inundaba o seu extenso firme. En estas, a natureza é sabia e pouco a pouco empezou a devolver o que non era seu e entón, para completar o cadro, fíxose necesaria a intervención do ser humano. Este transmutouse por uns días en ente administrativo, Costas do Estado, e a través de empresa contratada ao efecto comenzou a retirar as pedras da praia de Arou. Debío haber certo malentendido porque nun principio só retirou as do Paseo Marítimo e non as do areal, suceso que fixo necesaria unha reunión co xigante burocrático da que saío o compromiso deste de limpar tamén de bolos a praia. E así no día de hoxe podía contemplarse aos operarios procedendo a devolver ao virxinal estado unha das praias máis fermosas da Costa da Morte. O...