Os pinchos saudables volverán aos bares de Camelle do 19 ao 22 de marzo de 2020

Os pinchos saudables volverán aos bares de Camelle do 19 ao 22 de marzo de 2020

Do 19 ao 22 de marzo celebrarase a segunda edición das Xornadas de Pinchos Saudables de Camelle, un evento organizado polo médico de Camelle, Fernando Cuadrado, xunto á Asociación A Pergoliña e o Concello de Camariñas co obxectivo de fomentar hábitos de vida saudables. ...
A camellana Carla Pérez Tajes, subcampiona no certame de baile Cidade de Vigo

A camellana Carla Pérez Tajes, subcampiona no certame de baile Cidade de Vigo

Outro magnífico éxito para a querida familia da nosa gran bailarina de Camelle Carla Pérez Tajes. Esta pequena artista ven de recoller, xunto a súas compañeira de equipo do Club de Baile Deportivo de Narón, o segundo premio na categoría junior de Danza Coreografica de Baile de Salón no certame de Baile Cidade de Vigo celebrado este sábado 15 de febreiro. Sen dúbida unha merecida recompensa a todo o impresionante traballo de adestramentos e sacrificio por parte desta rapaciña camellana que, gracias ao seu tesón e bo facer e gracias tamén ao decidido apoio de toda a súa familia, ven de conquistar semellante éxito. Pero esto non acaba aquí, xa que Carla e todo o seu equipo desputarán no mes de xuño o Campionato de España de Baile de Salón, do cal xa conseguiron estes dous derradeiros anos a quinta posición na clasificación final. Este ano van a ir a por todas e prometen dar moita guerra e, dinnos por aquí caladamente que Carla ten pensado conseguir nese campionato de España un importantísimo resultado que encha de orgullo a todos os camelláns. Nos dende aquí seguiremos todos os éxitos desta rapaciña que de maior quere ser fisioterapeuta, pero sen olvidar nunca...
O Museo Man de Camelle no VI Congreso de Turismo Cultural de Córdoba

O Museo Man de Camelle no VI Congreso de Turismo Cultural de Córdoba

A proposta do Museo MAN chegará a vindeira semana ao VI Congreso Internacional Científico-Profesional de Turismo Cultural de Córdoba, baixo a proposta ‘Museo MAN: Dinamizador turístico da Costa da Morte’, que será exposta por Andrea Serodio, responsable do Museo, e Carmen Hermo, da Universidade de Vigo, o xoves 20 de febreiro na mesa moderada por Rogelio Martínez. ...
A alcaldesa de Camariñas recolle en Sanxenxo a Bandeira Azul para Arou

A alcaldesa de Camariñas recolle en Sanxenxo a Bandeira Azul para Arou

Este luns 24 de xuño de 2019 a alcaldesa de Camariñas, Sandra Insua, recolleu na praia de Montalvo, en Sanxenxo, a distinción de ‘Bandeira Azul’ que outorga a Xunta de Galicia aos areais galegos. Foi precisamente o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, quen fixo entrega da distinción para a praia de Arou. ...
Nova exposición de pintura no Museo Man de Camelle

Nova exposición de pintura no Museo Man de Camelle

O Museo Man de Camelle acollerá a exposición “Arte + 3 Olladas”, que amosará as obras dos artistas Soledad Pite Sanjurjo, Pedro Avila Durán e María José Pampín Bugallo. Arredor de 50 obras que presentarán tres formas de ver a vida cotiá e o mar. A presentación da mostra terá lugar o vindeiro sábado, 11 de maio, ás 19:30. A ela acudirán os creadores das pezas que estarán alí expostas. A mostra exhibirá cadros e cadernos de viaxe, entre outros elementos. ...