O xoven José Secundino Suárez Suárez, veciño de Camelle, Descanse en Paz

O xoven José Secundino Suárez Suárez, veciño de Camelle, Descanse en Paz

Desgracia total na mañán deste frío mércores 29 de novembro. Ao momento que ía espertando a vila de Camelle comezaba a correr a terrible noticia da tráxica morte do querido xoven camellán José Secundino Suárez Suárez aos seus 37 anos de idade. Ao parecer, e á espera aínda dos resultados da autopsia, o corpo sen vida do noso amigo fora encontrado na súa casa de Camelle polos seus familiares que nada podían facer xa polo seu ser querido. Conmocionados aínda por tan inesperada e repentina morte dun dos nosos mellores amigos en terras camellanas, dende esta redacción aínda non asimilamos a magnitude desta perda e non damos creto ao acontecido. Secundino, sempre cun sorriso no rostro, persoa educada e tranquila, sempre afable e desposto a axudar, estaba casado e era pai dunha nena e un neno de corta edade e esperaba outro bebé da súa esposa: A traxedia máis absoluta para unha familia, para un pobo e para todos os seus seres queridos. Tocará agora por parte de todos velar polo benestar da súa xoven familia que queda, despois desta terrible desgracia, sen o seu querido pai e sumida nunha tristeza irreparable. Dende aquí queremos unirnos na dor insufrible que...
O Concello de Camariñas licita as obras da Rúa de Abaixo en Arou

O Concello de Camariñas licita as obras da Rúa de Abaixo en Arou

O Concello de Camariñas ven de anunciar a licitación das obras de pavimentación e saneamento da Rúa de Abaixo, de Arou, con cargo o Plan de Obras e Servicios (POS+) correspondente a este exercicio económico. O orzamento é de 106.992,13€ e o prazo para a entrega de documentación, por parte das empresas interesadas, é ata o 4 de decembro. ...
Dona María Pose Carracedo, Descanse en Paz

Dona María Pose Carracedo, Descanse en Paz

Na noite deste martes 24 de outubro a redacción desta web era conocedora do pasamento da veciña de Camelle Dona María Pose Carracedo aos seus 84 anos de idade. Dona María, moi querida en toda a parroquia de Camelle, era viuva de Don Manolo de Pura e tiña dúas fillas, Mercedes e Mari Pura ás que queremos transmitir todo o noso apoio nestes duros momentos que están a vivir. O corpo sen vida de Dona María está sendo velado na Sala 1 do Tanatorio de San Pedro da Ponte do Porto, dende onde sairá este mércores 25 de outubro ás 17:15 cara a súa querida Igrexa do Espíritu Santo de Camelle onde será oficiado o funeral de corpo presente de Dona María. Acto seguido procederase a celebrar o seu sepelio no cemiterio parroquial de Camelle onde os restos mortais de Dona María descansarán eternamente. Vaia dende esta redacción o noso máis sinceiro pésame a toda a familia e amigos de Dona María Pose Carracedo. Descanse en Paz. ...
O Alcalde Pichurri xunto co adxudicatario da obra de restauración da caseta de Man

A recuperación da caseta do Alemán de Camelle xa é unha realidade

Data histórica para Camelle a deste luns 23 de outubro na que foi rubricado o esperado contrato para a recuperación da caseta de Man de Camelle. A modesta instalación que foi fogar, estudo, museo e laboratorio de todo o mundo máxico de Manfred Gnädinger será rehabilitado gracias á colaboración entre a Deputación da Coruña e o Concello de Camariñas. ...
Dona María Mouzo Bermúdez, Descanse en Paz

Dona María Mouzo Bermúdez, Descanse en Paz

Na tarde deste venres 13 de outubro falecía no Hospital Juan Canalejo da Coruña a nosa querida veciña Dona María Bermúdez Mouzo aos seus 86 anos de idade. Dona María do Prixelo, como era máis coñecida na nosa entrañable parroquia de San Bartolo de Arou, está sendo velada na Sala 1 do Tanatorio de San Pedro da Ponte do Porto. Dende alí sairán os restos mortais de Dona María cara a Igrexa de San Bartolo de Arou na tarde deste sábado 14 de outubro ás 15:45 horas para celebrarse despois o seu funeral de corpo presente. Vaia dende esta redacción todo o noso apoio nestes duros momentos a toda a familia e amigos de Dona María Mouzo Bermúdez, moi especialmente ao seu marido, noso querido e admirado amigo Chuco "O Prixelo" ao que lle queremos transmitir moita forza e todo o ánimo do mundo. Descanse en Paz. ...