Don Jaime Vázquez Blanco, veciño de Camelle, Descanse en Paz

Don Jaime Vázquez Blanco, veciño de Camelle, Descanse en Paz

Na tarde deste sábado 3 de febreiro falecía na súa casa o querido veciño de Camelle Don Jaime Vázquez Blanco aos seus 97 anos de idade. Os restos mortais de Don Jaime de Alonso, como era máis coñecido na vila camellana, están sendo velados no Tanatorio de San Pedro da Ponte do Porto, dende onde sairán ás 16:45 da tarde deste domingo 4 de febreiro cara a Igrexa do Espíritu Santo de Camelle donde será celebrado o funeral de corpo presente de Don Jaime. Acto seguido procederase a realizar o sepelio deste respetado veciño no Cemiterio Parroquial de Camelle. Dende esta redacción queremos expresar as nosas máis sinceitas condolencias a toda a familia e amigos de Don Jaime Vázquez Blanco. Descanse en Paz. ...
Todo preparado en Camelle para a homenaxe ao Alemán Manfred con motivo do seu nacemento

Todo preparado en Camelle para a homenaxe ao Alemán Manfred con motivo do seu aniversario

O Concello de Camariñas e o Museo Man de Camelle realizarán este sábado 27 de xaneiro un acto de homenaxe a Manfred Gnädinger (Man de Camelle) co motivo do aniversario do nacemento do artista. Terá lugar na súa Casa-xardín, e se as condicións atmosféricas non o permiten, no primeiro andar do Museo Man de Camelle. ...
As cinzas do alemán de Camelle retornan por fin á súa caseta

As cinzas do alemán de Camelle retornan por fin á súa caseta museo do porto camellán

Despois de 15 anos os restos de Manfred Gnädinger, o lexendario alemán de Camelle, volverán á súa caseta museo do porto camellán para por fin descansar polo resto da eternidade. Así nolo comunicaron esta mañá dende a dirección do Museo Man de Camelle, onde o concelleiro camellán Juan Carlos Canosa está a desenvolver un traballo impresionante de catalogación e conservación de todo o legado do excepcional anacoreta de Camelle. Así, deste xeito, cumprirase o desexo vital do alemán de Camelle que, antes de morrer tráxicamente nas primeiras e penosas xornadas da marea negra do Prestige, deixaría escrito no seu testamento a súa vontade de que as súas cinzas fosen depositadas na propia caseta onde vivía Man e que coroaba o seu mítico museo no porto camellán. Un museo que foi a súa vida e a súa razón de ser neste mundo e por iso quixo deixar claro que ese sería o lugar onde os seus restos deberían descansar para sempre, porque a súa obra non só eran esas pedras e montículos, non só eran esas pinturas e obxectos, se non que o seu propio corpo e a súa mente formaban parte dese máxica obra maestra. Unha obra que a partires...
Tatiana Alves, a viúva de José Secundino no partido homenaxe ao seu marido

Un anónimo dona 6000 euros para a familia de José Secundino de Camelle

Despois da traxedia máis abosluta que se cebou con Camelle coa repentina morte do xoven pai de familia José Secundino, chegou a esperanzadora axuda que todo un pobo brindaba exemplarmente hacia a desvalida familia do noso querido amigo que deixaba a súa muller Tatiana viúva, con dous fillos de 2 e 6 anos e un pequeniño en camiño. Achegas económicas dende asociacións, institucións, clubes deportivos, persoas de todo o concello así como autónomos e profesionais que se ofrecían voluntariamente para axudar na medida das súas posibilidades a esta familia que se sumía na desesperación trala morte do seu amado pai. Todos unidos, nun exemplo de solidaridade sen precendentes, para tratar de levar adiante a esta xoven nai que queda viúva con tres pequenos e que quedaba desamparada trala terrible e desgraciada morte de José Secundino, ata chegar con estas axudas a mercar unha casiña en Camelle para esta familia. ...
O Concello de Camariñas conmemmora os 15 anos da morte de Man, o Alemán de Camelle

O Concello de Camariñas conmemmora os 15 anos da morte de Man, o Alemán de Camelle

Este próximo 28 de decembro cúmprense 15 anos do pasamento de Man, o alemán de Camelle. Na súa honra o Concello de Camariñas quere adicarlle un día especial para conmemorar o seu pasamento con unha serie de actividades para manter viva a súa memoria. Da man do gran artista de Marín Antón Sobral, o día 16 de decembro celebraranse no Museo Man de Camelle as seguintes actividades de acceso gratuíto: ...