Áreas Mariñas Protexidas: Exposición no Museo de Man de Camelle

Áreas Mariñas Protexidas: Exposición no Museo de Man de Camelle

Comprometidos por continuar difundindo os valores que defendía Manfred Gnädinger, con esta exposición adicada ás Áreas Mariñas Protexidas que está prevista para o 22 de marzo de 2018, a dirección do Museo Man de Camelle quere achegar o incuestionable patrimonio, tanto natural como cultural, que atesouran as áreas mariñas que temos o deber e a responsabilidade de cuidar. ...
Dona Ramona Mosqueira Tajes, veciña de Camelle, Descanse en Paz

Dona Ramona Mosqueira Tajes, veciña de Camelle, Descanse en Paz

Na mañán deste martes 13 de marzo a redacción desta web recibía a triste noticia da morte da Señora Ramona Mosqueira Tajes aos 82 anos de idade confortada cos auxilios espirituais na casa do seu fillo Luis, onde vivía estes derradeiros anos. Dona Socorro de Pepe de Heleodoro, como era popularmente coñecida en toda a vila camellana, está sendo velada no Tanatorio Municipal Irmáns Fernández Espín de Camariñas, dende onde sairá cara a Igrexa Parroquial do Espíritu Santo de Camelle ás 15:45 horas da tarde deste mércores 14 de marzo. Realizado o funeral de corpo presente desta querida veciña da parroquia de Camelle, os restos mortais de Dona Ramona serán trasladados ao Cemiterio Parroquial de Camelle onde será celebrado o seu sepelio. Alí o corpo sen vida de Dona Ramona terá merecido descanso eterno. Vaian dende esta redacción as nosas máis sinceiras condolencias a toda a familia e amigos de Dona Ramona Mosqueira Tajes. Descanse en Paz. ...
Dona Celestina Vázquez Pose, veciña de Camelle, Descanse en Paz

Dona Celestina Vázquez Pose, veciña de Camelle, Descanse en Paz

Na tarde deste luns 26 de febreiro de 2018 a redacción desta web tiña coñecemento do falecemento da querida veciña de Camelle Dona Celestina Vázquez Pose aos seus 92 anos de idade confortada cos auxilios espirituais. O corpo sen vida de Dona Celestina, viúva de Cabo-Tajes, está sendo velada no Tanatorio de San Pedro da Ponte do Porto, dende onde sairá cara a Igrexa do Espíritu Santo de Camelle na tarde deste martes 27 de febreiro ás 16:00 horas. Un cuarto de hora despois, chegado o cortexo fúnebre ao sagrado templo camellán procederase a celebrar o funeral de corpo presente de Dona Celestina para acto seguido realizar o seu sepelio no Cemiterio Parroquial de Camelle onde os restos mortais de Dona Celestina terán merecido descanso eterno. Vaia dende esta redacción as nosas máis sinceiras condolencias a toda a familia e amigos de Dona Celestina Vázquez Pose, Descanse en Paz. ...
Xa a venta o calendario solidario da SD Camelle coa familia de José Secundino

Xa a venta o calendario solidario da SD Camelle a prol da familia de José Secundino

Non deixan de sucederse as iniciativas solidarias a prol da familia do querido veciño de Camelle José Secundino Suárez tráxicamente falecido hai uns meses deixando desvalida a súa xoven familia. Despois de tantas e tantas iniciativas solidarias para lograr que esta desamparada familia tivera en propiedade a súa casiña, tiñamos noticia en exclusiva da xenerosa doación de 6000 euros con destino á viúva do noso querido amigo defunto que un anónimo dende Carballo lle entregara ao noso estimado páter Don Eduardo Puga. Outra iniciativa da que tamén se fixeron eco medios como La Voz de Galicia chegou da orixinal idea de confeccionar un calendario solidario a prol da familia de José Secundino da SD Camelle. Proxecto solidario desarrollado e costeado polo fotógrafo Diego Alonso Freire que rápidamente entusiasmou a toda a directiva do club camellán e que se poñe agora á venda en diversos establecementos asociaciados . Os lugares onde se pode adquirir este calendario solidario a prol da familia de José Secundino son na maioría de establecementos comerciais socios da SD Camelle como o Café Bar A Molinera ou o Pub Marítimo na vila camellana. Os veciños de Camariñas interesados en adquirir este calendario poden facelo no mesmo estudio...
A emoción do enterro definitivo de Man, o Alemán de Camelle

A emoción do enterro definitivo de Man, o Alemán de Camelle

Dicía Mercedes Martín, no acto de homenaxe a Man de Camelle, que o Alemán fora un adiantado ao seu tempo. Quizá fose así. O que si foi é un incomprendido. Como moitos artistas que hoxe admiramos, Man non foi entendido por moita xente coa que compartiu tempo e espacio nos coídos de Camelle. Non era fácil. Nin para el nin para unha sociedade que non entendía nin a súa obra nin o seu modo de vida. ...