Unha destartalada gamela languidece solitaria ante o crudo inverno na oculta Praia de Lobeiras, en Arou

Arou e Lobeiras un crudo día de inverno

No mismo día no que nos enteramos de que supostamente o record da maior ola da historia rexistrada en 20 metros no Cabo Vilán foi superada en 4 metros por outra medida a 22 millas de Santander, en pleno Mar Cantábrico, e dada a ausencia estes días de noticias (interesantes, queremos decir) dignas de publicación,  pois decidimos irnos ata Arou ca chuvia pegándonos duro nunhas caras xa afeitas a todo e destruidas en gran medida polo paso do tempo, para ver si pescábamos alí algo. O resultado foi unha reportaxe sobre un crudo día de inverno en Lobeiras e Arou a tan só dous días da finalización das obras do seu Paseo Marítimo. ...
A charanga, cun impresionante equipo saxofoneril, ameniza de forma entusiasta a churrascada do sábado

Churrascada de San Bartolo 2008 en Arou

Esta é unha das frases máis repetidas por esta redacción nestes últimos días porque, se ben todos sabedes que os redactores de camarinas.eu son  uns festeiros por naturaleza, a verdade é que neste verán non demos abasto en publicar festas, bodas, bautizos, cenas e comelladas, comunións, concertos, etc.. aos cales tivemos que asistir e, claro, xa se sabe... todo cansa. Incluso as festas. ...

Traxico accidente dunha embarcacion de Camelle

Dúas víctimas mortais nun terrible naufraxio en Soesto A traxedia caeu esta tarde sobre a vila de Camelle O mar volve a tinguir de luto a Costa da Morte. Hoxe sobre as 5 da tarde prodúxose un terrible naufraxio no Praia de Arnedo en Soesto (Laxe) ao volcar a lancha "Porteiro Taboada", con base en Camelle, onde faenaban dous veciños da citada localidade, o patrón da embarcación Fernando Porteiro Tajes, de 45 anos e Manuel Mouzo Suárez, de 60 anos. Os dous tripulantes, que estaban recollendo as nasas, caeron ao bravo mar que se picara dabondo dende esta mañá e afogaron. O corpo de Fernando Porteiro xurdío na mesma praia de Arnedo, mentras o de Manuel Mouzo foi rescatado no mar polo Juanito II, barco camellán que se deprazaou ata a zona para colaborar nas labouras de rastreo e búsqueda dos náufragos. Desde camarinas.eu sumámonos á profunda dor que se está a vivir na vila de Camelle e animamos a tódolos nosos usuarios a que nos comentarios deixen testimonio do seu profundo pesar e apoien nestes duros momentos aos familiares e amigos de Fernando e Manuel, dous nomes máis que se suman a longa lista de mariñeiros falecidos na Costa...

Antigo documental sobre Camelle

Documental francés de Camelle dos anos 60 {google}-1756754396740998505{/google} Desde a web de camelle.es chéganos este video-documental feito por unha productora francesa. O filme chámase "Falaises de la Mort" que en galego traduciríase como "Os cantís da morte" (Los acantilados de la muerte) e, segundo a persoa que subío este video a internet, pódense ver imaxes do pobo de Camelle alá polos anos 60 e do pozo do muelle de Camariñas. Tamén podemos ver aos percebeiros daqueles tempos arriscando a vida nas pedras do noso Faro Vilán. Un auténtico documento histórico de valor incalculable. ...
Chita posa no terceiro andar da Casa do Alemán co porto de Camelle ao fondo

CONCEPCION REGUEIRA "CHITA", A MELLOR AMIGA DE MAN

“...él sempre me dixo que prefería morrer antes de que lle destruíran o seu museo.” Camarinas.eu segue a preparar de forma intensiva o 1º Encontro de Man que terá lugar na Casa do Alemán de Camelle o próximo sábado 17 de novembro, e no que está prevista a asistencia de renombrados membros do mundo da cultura. Entre os asistentes ocupará un lugar destacado Concepción Regueira Pardiñas, "Chita" a gran amiga de Manfred e a persoa que mellor o coñecía, a cal foi obxecto da entrevista debut da reporteira que ven do Norte (do norte do Concello de Camariñas, Camelle), Silvia Baña Rodríguez. Ao longo da charla que mantiveron as dúas camellanas, Chita fai un repaso exhaustivo da vida de Man en Camelle e conta numerosas anécdotas do xenio iconoclasta alemán. ...