Camelláns de tódalas idades non se quixeron perder unha Procesión do Sacramento que estivo a rebosar

Procesion do Sacramento de Camelle

Camarinas.eu segue facendo máis pola unión das xentes do concello en torno a unha idea común que todas as asociacións civiles e políticas do concello xuntas e desta volta procedemos a publicar unha amplia reportaxe fotográfica dunha das máis antigas tradicións que todas as boas xentes de Camelle repiten ano tras ano con gran entusiasmo e devoción: a da Sagrada Procesión do Sacramento que ten lugar a comenzos de cada setembro e onde unhas impresionantes alfombras florais toman todo o protagonismo e demostran  o bo facer e o arte duns veciños especialmente implicados en todas aquelas inicativas e proxectos colectivos que beneficien ao Camelle da súa alma. Camarinas.eu volve aos seus oríxenes, a onde comenzou todo, cunha impresionante galería fotográfica de 90 imaxes que deixa constancia dunha das manifestacións colectivas máis fermosas e antigas deste Concello. ...
O noso querido amigo Marcial Mouzo non se quixo perder esta 1ª edición da Festa das Palilleiras de Camelle

Festa do Sacramento de Camelle 2009

Pois para ser a primeira vez, hai que decir que este fin de semana inicial do setembro do 2009 no que en Camelle fixeron coincidir a 1ª Xuntanza das Palilleiras e a Festa do Sacramento foi en éxito total, tal e como pudo comprobar camarinas.eu  en dúas xornadas intensivas de sábado e domingo adicadas á nosa querida vila norteña. Na xornada sabatina co arte en vivo das mulleres camellanas animado polo bo facer xornalístico do noso amigo Marcial Mouzo e cunha discoteca móvil que levou o ritmo polas rúas ata altas horas da madrugada. O domingo cunha impresionante misa e procesión, ca actuación da orquesta Jocker e cun partido entre solteiros e casados que enchío de sorrintes aficcionados o Paseo Marítimo Camellán. Pulsa na imaxe  para ver unha galeria de 125 fotografías do que dou de si a Festa do Sacramento 2009 en Camelle: o territorio das grandes iniciativas ciudadanas. ...

Festa de San Bartolo de Arou 2009

O sábado 22 gran churrascada e o luns e martes sesión vermouth e verbena en Arou A churrascada que faltaba: Arou Pois agora si que xa están todas: cada parroquia do noso concello ca súa correspondente Gran Churrascada. E tamén todas elas visitadas por camarinas.eu na súa Semana Grande. Nesta ocasión foi o noso querido amigo Germán Mouzo, Presidente da Comisión das Festas, o que nos conta que de sábado a martes (con descanso o domingo) están preparadas en Arou unhas impresionantes festas en honor a San Bartolo, o santo que supostamente predicou o cristianismo nas caucásicas terras de Armenia, sendo lamentablemente martirizado por elo. Unhas festas que serán as primeiras co novo Paseo Marítimo e ca recentemente renovada Rúa da Praia, o que evitará sucesos como os acaecidos o ano pasado e que reproducimos no interior desta noticia a través dunha galería fotográfica. Orquestas do mundo: xa podedes achegarvos tranquilas pola nosa querida Arou. ...

Festa do Carmen de Camelle 2009

Camarinas.eu volvíose a atopar cos seus amigos da gran Orquesta París de Noia nas Festas de Camelle Cando as cousas se fan por cariño, por amor a unha terra e ás súas xentes e non por interese nin polo tan extendido afán de lucro, non importa o esforzo que se teña que acometer.  E así, despois de facer a cobertura xornalística máis grande que se recorda e tras percorrer todos e cada un dos grandes eventos que tiveron lugar este fin de semana no noso concello, camarinas.eu ponlle a guinda cunha reportaxe fotográfica da actuación da posiblemente mellor orquesta galega, a París de Noia, na Festa do Carmen de Camelle. ...

Cartel da Festa do Carmen de Camelle 2009

A Comisión das Festas de Camelle posa co cartel ante os muros do imperio mediático de Camarinas.eu Os tres días grandes do Carmen de Camelle A nosa querida amiga Perla de Camelle pasouse pola redacción do xigante cibernético da Costa Atlántica e deixounos o cartel dos tres días grandes das Festas do Carmen de Camelle 2009. Asemesmo desvelounos que a gran orquesta sorpresa que amenizará a verbena do venres será a Jerusalem, mano a mano co Trío Eclipse (nada que ver co triunvirato que actuou en Cereixo). Ademáis, Procesión Marítima, a actuación da Danza de Arcos camellana, a gran Orquesta París de Noia, a impresionante churrascada do venres noite a partires das 21:00 coronada cun queimada xigantesca, etc... Polo que á vista do que se avecina este venres noite, haberá que ir conncluindo en declarar o sabroso pero económico churrasco como Prato Nacional do Concello de Camariñas... ...