Semana de Temporal na Costa

Despois dos efectos devastadores da cicloxénese explosiva así chamada Becky esperábase con expectación a chegada do enésimo temporal ás nosas costas. Pero nada: de destrucción masiva e caos apocalíptico, nada de nada. Dixeran, as catro da tarde, ca pleamar, a furia asesina das ondas acometerá a demolición definitiva do coqueto porto santamariñán. Pero salvo un pequeno engrandecemento dos dous ocos provocados por Becky e un pouco máis de asfalto arrancado por aquí e por alá, pare usted de contar. Presaxiaran, ¡ah, Camelle! o pouco que quedou de Museo de Man, ¡¡hoxe vai todo polo aire!! E o único que voaba eran as olas competindo maxestuosamente en salto de altura de banda a banda do recente e muchimillonario espigón do seu porto. ...

Efectos do Temporal Becky

A noite do pasado 9 de novembro de 2010 marcou o punto álxido dunha tempada invernal 2010-2011 máis suave do previsto no que a temporais se refire. Dende entón unha sucesión encadeada de días de frío e chuvia marcaron a axenda climática dun Concello de Camariñas que non coñecío do retorno de cicloxéneses explosivas de envergadura ás súas terras. Nembargantes a furia que os elementos chegaron a acadar na salvaxe e por momentos apocalíptica noite do martes 9 de novembro será recordada durante anos nas poboacións máis septentrionais do noso concello, unha data na que o mar asolou ata o último recuncho do Porto de Santa Mariña, derruío unha carretera en Arou ou devastou o conxunto artístico posiblemente máis valioso da Costa da Morte. ...

Destrozos en Camelle e Arou II

Visitar na mañán deste martes 9 de novembro de 2010 o Museo do Man e as casas do seu entorno equivalía a adentrarse nunha terra devastada, nunha zona cero semellante por momentos ao paisaxe resultante do maremoto de Indonesia ou ao rastro que deixa calqueira dos furacáns que asolan periódicamente o sur de Estados Unidos. O mar reclama os terreos que lle pertencen e cáseque anticipa a destrucción das casas ás que a piqueta da axencia da legalidade urbanística seguramente non tardará en meter man. Un tifón asolou a zona norte do Concello de Camariñas e deixou ao seu paso por Camelle muros de pedra, de bloque, reventados, casas inundadas, piletas volteadas, obras de arte destrozadas, carreteras derruidas... Con todo, o dano cebouse especialmente co Museo de Man onde a simple vista podían vislumbrarse as cicatrices irreparables infrinxidas por un mar desenfrenado e atronador ao entorno artístico máis célebre de toda a Costa da Morte. Posible e desgraciadamente a tempestade que dende a verde Irlanda cubrío a marchas forzadas un camiño de centos de millas marinas para asolar a costa galega marcará un punto de non retorno en relación ao conxunto artístico ao que Manfred Gnadinger consagrou toda unha vida....

Destrozos en Camelle e Arou

As primeiras noticias que empezan a chegar dende Camelle e Arou non poden ser máis alarmantes. O forte temporal que arribou ás costas galegas na tarde deste luns 8 de novembro causou estragos nas dúas poboacións do noso concello máis expostas pola súa situación estratéxica aos temporais chegados dende o noroeste e así un regueiro de destrozos alfombra o camiño que vai dende Santa Mariña ata Camelle. Especialmente grave foi o acontecido na vila máis norteña do concello onde un mar desencadenado causou destrozos alarmantes no conxunto artístisco invaluable do Museo do Alemán. O land-art (arte efímero) de Manfred Gnadinger resultou ser máis fugaz que nunca e quen sabe si algún día poderán repararse os gravísimos destrozos causados no Museo de Man. Asemesmo, un tramo da carretera que leva de Arou a Camelle, entre o porto arouán e a nova EDAR, desaparecío literalmente do mapa, arrasada por un furacán de mar e pedras. A forza das augas chegou incluso a desprazar varios metros os balaustres de pedra maciza que adornan a praia arouana, situación que xa foi arranxada a primeiras horas da mañá por un equipo do Servizo Municipal de Obras. Tamén puidemos saber que o temporal causou danos de...

Cartel das Festas de San Miguel en Camelle

1ª Festa dos Callos en Camelle Camelle, o pobo das grandes iniciativas colectivas, prepárase para outra gran festa máis En camarinas.eu xa estabamos recollendo os nosos bártulos para hibernar todo esta estación outonal que se nos ven enriba cando nos sorprendío pola calle unha das comisións de festas máis activas e traballadoras que se viron en moitos anos na Costa da Morte: non podía ser outra que a Comisión de Camelle que nos presentou o cartel das próximas festas que terán lugar este fin de semana na vila máis norteña do noso concello e que desta volta honrarán a San Miguel. Ademáis das típicas verbenas a cargo de orquestras de renombre, esta comisión ten previsto realizar paralelamente algunhas actividades máis neste fin de semana festeiro camellán. Algo que, por outra parte, ven sendo habitual neste grupo de amigos da comisión e que animarán o ambiente ata niveles estratosféricos. Por exemplo, o venres a eso das nove da noite realizarase unha gran degustación de callos ao mesmo tempo que se convocará o "2º Concurso de Disfraces de Camelle" e que, visto o visto na "1ª Festa da Palilleira" promete risas e carcajadas a esgalla. Pulsa na imaxe para ler o cartel completo...