- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Camelle e Arou Camelle e Arou
- Created: 30 Agosto 2007 30 Agosto 2007

Participa no teu Concello
Camarinas.eu naceu ca vontade de convertirse nun cauce democrático para fomentar a participación dos camariñáns na toma das decisións que lles abranguen directamente. Hoxe mostrámoslles os resultados da nosa primeira enquisa: "Que facer co museo de Man". Unha mostra decididamente representativa cuios resultados amosan que de unha forma amplamente maioritaria, prácticamente un 40% do electorado de Camarinas.eu, decántase por impoñer algún tipo de vixilancia, solución que a xuizo desta redacción non solucionaría o problema do mantemento do legado de Man no tempo.
A opción pola que sempre nos decantamos en camarinas.eu foi a que quedou en segundo lugar: "Meter a un doble do Alemán" opción que con 22 sufraxios acadou o 32,4% dos votos,ao entender que só ca presencia dun artista da mesma categoría cultural de Man se poderá consevar o museo en condicións óptimas. Que se faga un inventario de todo o seu patrimonio para que desta forma as distintas administracións responsables poidan, coa axuda dos citados artistas, proceder ao mantemento e reposición de todas as obras que compoñen un patrimonio artístico único.

Os resultados da terceira opción non deixan de sorprender. "Deixar que o mar tire con todo" acadou o 16,2% dos sufraxios, 11 votos. Esta opción sempre foi vista con certo cariño por esta redacción, sen dúbida debido a querencia polo humor surrealista que teñen certos redactores do principal diario "on-line" camariñán. Con todo, é evidente que de triunfar esta opción só nos conduciría ao desastre.
Finalmente, a última opción: "Impedir a entrada no museo" só acadou 8 votos, o cal reflexa o carácter democrático e participativo, permisivo e plural, en definitiva, exemplar que sempre tivo o pobo de Camariñas, pouco amigo de prohibicións e mandatos, enemigo acérrimo das imposicións. O pobo de Camariñas, na súa inmensa sabiduría, non pode, non quere cerrar a ventá que o museo de Man supoñe ao mundo.
Comentarios
penso que logo dun pouco de relevancia os desghrasiaos que andan facendo o mal polo museo deixarán pola conta que lles trae.
Logo o da \"explotación turística\", ainda que soe feo, ten que ser. e iso dun euriño está fenomeno!
unha aperta e gran traballo
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.