- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Camelle e Arou Camelle e Arou
- Created: 25 Agosto 2008 25 Agosto 2008
Esta é unha das frases máis repetidas por esta redacción nestes últimos días porque, se ben todos sabedes que os redactores de camarinas.eu son uns festeiros por naturaleza, a verdade é que neste verán non demos abasto en publicar festas, bodas, bautizos, cenas e comelladas, comunións, concertos, etc.. aos cales tivemos que asistir e, claro, xa se sabe... todo cansa. Incluso as festas.
Desta vez publicamos unha reportaxe fotográfica do que foi a víspera da festa de San Bartolo de Arou donde se realizou unha impresionante churrascada na que se asaron máis de 500 kilos de churrasco e que estaba amenizada por unha charanga e un trío musical. A ración de churrasco tiña un módico prezo de 3 euros aínda que pola 1 da mañán a comisión empezou a repartilo gratuitamente a todo aquel que quixera. En fin, todo un éxito de público e organización. Noraboa a comisión de festas de San Bartolo de Arou e especialmente ao seu presidente Germán Camiño.





































































Comentarios
besitos
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.