5 1 1 1 1 1 Rating 5.00 (2 Votes)

O museo Man de Camelle inicia a busca de persoas que coñeceran ou coincidiran con Manfred Gnädinger, o alemán de Camelle, para realizar un documental sobre a súa vida e obra dentro da iniciativa “Proxecto Man: A Costa da Morte na Mirada”.

 

Trátase de unha colaboración coa produtora Vizuals Lab que leva anos a investigar sobre a figura de Manfred e o seu legado, motivo polo cal recibiu no ano 2020 a subvención da deputación da Coruña para a produción de proxectos singulares e de especial interese cultural. A fin destas colaboracións é a de realizar o documental máis completo posible sobre a vida e legado deste artista que afincou na Costa da Morte. 

A súa convocatoria estenderase até a fin deste primeiro trimestre do 2021 e as persoas interesadas poden poñerse en contacto coa produtora a través do correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ou no seu número de teléfono 981 978 876 ou ben mediante o correo electrónico do museo Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ou no seu telefono 981 710 224.

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.