- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Camelle e Arou Camelle e Arou
- Created: 25 Xuño 2019 25 Xuño 2019
Este luns 24 de xuño de 2019 a alcaldesa de Camariñas, Sandra Insua, recolleu na praia de Montalvo, en Sanxenxo, a distinción de ‘Bandeira Azul’ que outorga a Xunta de Galicia aos areais galegos. Foi precisamente o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, quen fixo entrega da distinción para a praia de Arou.
No acto, ao cal tamén asistiron os concelleiros Encarna Liñeiro, Begoña Tajes e Germán Camiño, tamén se lle recoñeceu ao Concello de Camariñas o galardón de ‘Sendeiro Azul’ para o Sendeiro da Costa da Morte, e de Centro Azul ao Museo MAN de Camelle. Supoñe este outro importante recoñecemento a todo o traballo realizado polo Concello de Camariñas a prol da excelencia turísitica durante estes derradeiros anos.

