1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
Na tarde deste xoves 3 de maio de 2018 falecía un dos veciños máis lonxevos da parroquia camellana. Estamos a falar de Don Pedro Vázquez Carracedo, querida e respetada persoa que finaba aos seus 96 anos de idade. Don Pedro, máis coñecido en toda a vila de Camelle polo fillo de Herminia de Pedro, está sendo velado na Sala I do Tanatorio Parroquial da Ponte do Porto, dende onde sairá cara a súa querida Igrexa do Espíritu Santo de Camelle ás 15:45 da tarde deste venres 4 de maio de 2018. Alí, no sagrado templo camellán será celebrado o funeral de corpo presente de Don Pedro para, acto seguido procederse ao seu sepelio no Cemiterio Veciñal de Camelle onde os restos mortais deste querido veciño da vila norteña do concello terá merecido descanso eterno. Vaia dende esta redacción as nosas máis sinceiras condolencias a toda a familia e amigos de Don Pedro Vázquez Carracedo. Descanse en Paz.

 

SERVIZO DE AUTOBUSES: Salirá un autobús dende Camelle ás tres da tarde cara o Tanatorio da Ponte do Porto para acompañar os restos mortais de Don Pedro ata a Igrexa. Despois unirase outro autobús para trasladar aos asistentes ata o Cemiterio Parroquial de Camelle onde se celebrará o sepelio.

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.