- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Camelle e Arou Camelle e Arou
- Created: 04 Marzo 2014 04 Marzo 2014
Segundo contan as prediccións, o inxente conxunto xornalístico-gráfico composto polas reportaxes de Camarinas.eu adicadas aos temporais do inverno 2013-2014 poderían haber chegado ao seu fin. Con este de Cristina, a catarata máis desaprensiva de cicloxénesis explosivas da que se teña memoria deixaría paso a unha apariencia certa de clima benigno que, a salvo algunha que outra recaída inesperada, nos situaría ás portas mesmas dunha primavera. Con todo, este temporal crepuscular incidío dolorosamente nunha preocupante ferida aberta que se estaba a vivir en Arou e levouse consigo a pouca area que quedaba na súa en tempos fermosa e concurrida praia deixando un inservible coído de bolos de pedra. Unha vez perpetrada a catástrofe tan só queda conxeturar se co bo tempo e o reanudado normal ritmo das mareas a area volve pouco a pouco cara o litoral arouán. A posibilidade de incurrir en analoxía con certo mentecato subnormalizado que culpaba de certo diluvio universal ao Concello de Camariñas e botarlle as culpas, non sabemos, a ver, alguén por ahí, ¿Costas do Estado?, lóxicamente está por completo descartada. Os ceos parece que voltarán a lucir pero o rastro do peor inverno das nosas vidas na Costa da Morte non pode ser máis demoledor: templos destruidos, casas unhas incendiadas, outras anegadas, embarrancamentos ucranianos, praias destruidas, casetas mariñeiras demolidas, embarcacións afundidas por ducias, paseos marítimos certamente quebrantados... Con todo o rastro de destrucción non queda ahí e agora en localidades como Arou obsérvase con preocupación o futuro, sobre todo despois de que cunha inversión tan descomunal como a levada a cabo en anos anteriores e que dotou a este coqueto enclave mariñeiro dun aspecto de óptima explotación turística, a base sobre a que pivotaba todo o conxunto, a súa espléndida praia, quedou completamente aniquilada, inservible coído de bolos. E sen embargo algo haberá que facer.
Fotos: C Pedreira (Páxina de facebook Arou virando á Esquerda)
Comentarios
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.