Nas primeiras horas deste venres 28 de febreiro de 2014 asistíamos novamente a un espectacular accidente na carretera que une a Ponte do Porto con Camelle. O suceso producíase cando un rapaz porteño que se dirixía cara a poboación máis septentrional do noso concello a recoller a un compañeiro co que desprazarse a un curso saíase da calzada por razóns descoñecidas indo a estamparse de morros contra un riachuelo. Miragosamente, o conductor saía polo seu propio pe do vehículo accidentado, un Peugeot 206, e dirixíase andando cara a súa casa, onde tras notar unha persistente dor nunha perna trasladouse ipso-facto ata o Hospital Virxe da Xunqueira de Cee. Foi tal o accidente, que os responsables da compañía de seguros falan da necesidade de traer ata o lugar unha grúa especial que se faga cargo do rescate dun coche que se atopa nun terraplén cun desnivel de ata seis metros. Asesmesmo ata o lugar dos feitos, unha carretera tristemente famosa polos seus habituais accidentes de locomoción, xa con anterioridade desprazáranse a dotación de Protección Civil de Camariñas así como dúas patrullas da Garda Civil de Tráfico que comprobaban aliviadas o aparatoso dun suceso no que, gracias a Deus, parece que non hai que lamentar maiores consecuencias que un gran susto, unha perna siniestrada e un coche desfeito.
Comentarios
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.