1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)

Tal vez todo remita a unha loita encarnizada entre antigas deidades, e un vingativo Thor, o Deus escandinavo do Trono, quixese gañarlle a partida ao Deus dos cristianos na súa data máis sinalada. Elo podería explicar como unha chuvia de raios se abatío sen compasión sobre o occidente atlántico galego, antiga terra cristiana, nos sagrados días da Natividade do Señor. Devastando templos, azotando casas, partindo en canal árbores. A pegada máis ameazante deste desencadeado ataque nórdico a vivíamos no noso concello máis ou menos ás mesmas horas nas que un raio fatal convertía en cinzas un dos máis refulxentes centros de peregrinación do catolicismo. Eran sobre ás 6:30 do mércores 25 cando un raio acertaba en cheo sobre a vivenda situada no número 32 da Rúa dos Páxaros de Arou, non lonxe do porto da localidade. Acabou con toda a instalación eléctrica da casa, fixo saltar a varios metros os térmicos dos cuadros, e deixou fóra de combate todos os electrodomésticos do fogar, a caldeira incluida. No exterior, aparte da antena que quedou calcinada, a bola de lume celeste tirou con parte da cornisa, co canalón e incluso abrío un burato na carretera. Na súa febre homicida, os danos colaterais extendéronse á luna dun coche estacionado en frente da vivenda, a cal quedou esnaquizada en diminutos fragmentos vidriosos.

Polo que respecta ao mobiliario público, as consecuencias do ataque eléctrico cifráronse na destrucción por completo do cuadro eléctrico do alumeado público do Paseo Marítimo de Arou (contador, térmicos, contactores, etc), a fundición dun certo número de farolas do mesmo xeito que se acabou fundindo a bomba dun dos pozos de bombeo. Ante elo, dende a Casa Consistorial un Estado Maior de Emerxencias constituido polo Alcalde e os concelleiros Gemma e Juan Carlos púxose a traballar a marchas forzadas para a coordinación dun operativo que contemplou a creación de dous equipos paralelos de traballo a destaxo para tentar unha volta á normalidade eléctrica no menor tempo posible. Ante a máis que posible orixe xermánica deste despiadado ataque sufrido nos sagrados días da Natividade do Noso Señor, sorpresiva Blitzkrieg eléctrica, o Concello de Camariñas seguía os pasos da stavka moscovita que nos duros días de xaneiro de 1945, ante a máis que probable xa naquel entón entrada en tromba dos exércitos soviéticos en Berlín, decidío axilizar a natureza da operación convocando a unha reunión aos dous homes chamados a protagonizar a futura xesta (os Mariscais Zhúkov, comandante do 1º Frente Bielorruso e Iván Kónev, xefe do 2º Frente Ucraniano). Alí, sobre un allado mapa de campaña, trazouse unha sinxela liña recta que saía de Berlín cara o leste e que dividía as áreas de influencia dos dous respectivos grupos de exércitos, propiciándose así unha soterrada competencia entre os dous máis despiadados, inflexibles e recios comandantes soviéticos para ver cal deles era o chamado a acaparar a futura gloria eterna. Berlín, servido nunha bandexa. Así como eles, os electricistas camariñáns.

Comentarios   

Enfado de Deuses
+1 # RE: Un raio alcanza unha casa en ArouEnfado de Deuses 27/12/2013 17:57
Os deuses estan no seu dereito a chamar a atencion sobre os seus temas preferidos,semp re me acordar de cando Moises xa convertido foi a ver ao Faraon e púxolle no chan o seu cayado e rapidamente viñeron dous sumos sacerdotes facendo o mesmo e todos se converteron en serpes cobras,gaño a de Moises,sen dúbidas pero habia dous mais.COMO FOI ESO
Denunciar ante o administrador
El Faraon
+1 # A enfado de DeusesEl Faraon 27/12/2013 18:17
Los sumossacerdotes de los faraones gozaban de prestigio y conocimientos,n o eran unos cualesquiera ,llegando a dominar tecnicas quizas aun no conocidas hoy,ya vemos como es la historia ,Egipto un pais en aquellos tiempos de lo mas poderoso ,no es hoy ni su propia sombra ,sin conocimientos en ninguno de los sentidos seria incapaz de hacer 4000 años despues las piramides
Denunciar ante o administrador

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.