1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)

Cáseque no mesmo punto no que non hai tanto tíñamos que lamentar unha víctima mortal, voltou a haber un accidente. Ocurría esta mesma tarde, sobre ás 15:30 horas, cando na carretera que une as vilas de Ponte do Porto e Camelle un utilitario de marca Renault por causas en principio descoñecidas pero que fácilmente poderían reconducirse a un exceso de velocidade saíase da calzada e embestía violentamente contra a masa forestal que acompaña o camiño ata a poboación que perpetuou Manfred Gnadinguer. Por fortuna non houbo que lamentar danos personais e a conductora do vehículo saía polo seu propio pe do mesmo sen maiores consecuencias que un forte susto e un coche seriamente danado. Ao momento facían acto de presencia no lugar dúas motocicletas da Guardia Civil e a omnipresente patrulla de Protección Civil de Camariñas, sempre prestos a botar unha man cando a situación así o require. Tamén estaba alí o medio de comunicación que fixo do rastreamento intensivo e incansable do seu concello unha obriga moral para levar ata o derradeiro recuncho do mundo no que se atope un camariñán noticias frescas da súa terra. Desta volta e gracias a Deus, non houbo que lamentar as consecuencias.

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.