- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Camelle e Arou Camelle e Arou
- Created: 29 Outubro 2013 29 Outubro 2013
A imaxe desta semana, que preludia o que está por vir (un longo e cansino inverno de temporais, marexadas, frotas amarradas e tardes na casa, ou bueno, no bar tamén) foi captada este pasado luns 28 de outubro en Camelle. Unha estampa polo demáis típica do porto camellán: as olas sobrevoando o seu dique abrigo. Con todo poido ser peor xa que existía unha previsión de fortísima marexada con ondas de ata sete metros que finalmente quedaron no clásico mar de fondo camellán, capaz de remontar sen maiores inconvintes todo un flamante espigón novo, e que trouxo consigo cantidades industriais de algazo Da necesidade os camelláns fixeron virtude e así un importante remanente do mellor fertilizante mariño repousa fecundo sobre as terras máis septentrionais do noso concello. Este ano a colleita prevese abundante en Camelle, parroquia na que terra e auga conxugan os seus esforzos para incluso nas peores circunstancias deparar sempre algo grandioso.
{facebookpopup}