- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Camelle e Arou Camelle e Arou
- Created: 08 Setembro 2013 08 Setembro 2013
A imaxe en verdade non podía ser máis idílica: un matrimonio newyorkino de clase alta celebra un picnic de cesta e mantel nun paradisíaco parque público. Rodeados dun céspede impecablemente trasegado, flores en ebullición e frondosas árbores, forman unha parexa de ensono: forte, robusto, co cabelo de raia o lado engominado e os pelos do peito asomando por debaixo da camisa de manga corta, sen esas modernidades que acabarían por vaciar e convertir en algo rídiculo o prototipo masculino uns anos despois, el; anxelical, modosa e dunha beleza case sobrenatural, monótona de tan perfecta, ela; dous fillos fermosos e sanos completan o cuadro. Entón, unha vez rematado o picnic, sen pararse a pensalo nin unha soa décima de segundo, Don Draper levántase e lanza polos aires a lata de cervexa recén finiquitada, a esposa ideal interpretada pola modelo January Jones axita sen moitos miramentos o mantel, deixando emporcado o céspede de restos de envases manufacturados, vanse para o coche e parten para a súa vida de extrarradio de clase alta. Se por algo non deixa de abraiar constantemente aos seus seguidores a serie "Mad Men" é pola súa perfecta, milimétrica, evocación dunha época e das súas costumes: se esto pasaba a mediados dos anos sesenta nos USA xa da pavor imaxinar o que podía acontecer naquela España.
Aquelo quedou reducido a un sinxelo atentado contra o medio ambiente. Sin embargo esto do que imos falar é moito máis grave, algo que se adentra xa no intrincado tipo penal do atentado contra a integridade física das persoas. Tan incomensurablemente horrendo que non sería de estranar que unha mente normal tivera certas dificultades en procesalo. Esta mesma semana no Parque Infantil da septentrional vila de Camelle podía captarse a imaxe que reproducimos na nosa portada: a dos afilados restos dun vaso de tubo nun tobogán infantil. Xusto ao final do trampolín, alí onde os seus efectos serían máis devastadores, listos para desgarrar crudamente o corpo dun meniño lanzado pola velocidade a un suceso doloroso e brutal. A carón dos cristais, xace a palla que permitía succionar líquidos do seu interior, se ben os seus efectos non se preveen tan apocalípticos. Sobrecolle pensar o que podería haber ocurrido no Parque Infantil de Camelle, un suceso dantesco e ao mesmo tempo estúpido en grado superlativo, polo evitable do mesmo: tan gratuito, tan incivilizado, tan falto de respeto (aos demáis) e da máis mínima educación.
Aqueles atentados tan gratuitos contra o medio ambiente fóronse pouco a pouco eliminando e son difíciles de ver xa non en Estados Unidos, senón incluso nesta España inculta e barbarizada dos nosos días. Sen embargo, contra esto outro, sí que non hai remedio: contra a Estupidez dos seres humanos nada se pode. Aínda que pasen mil anos máis.

Comentarios
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.