- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Camelle e Arou Camelle e Arou
- Created: 23 Agosto 2013 23 Agosto 2013

Á espera de que o San Ramón camariñán poña o telón final ao verán festeiro municipal o San Bartolo arouán xa está aquí. A costa de grandes esfrozos os membros da comisión de festas desta coqueta poboación costeira foron quen de continuar a tradición nestos tempos de dura crise e aseguraron unha edición máis desta festividade típica de finais de agosto na Costa da Morte. Tres días de festa por todo o alto que comenzan este mesmo venres 23 e que se extenderán no medio dun xolgorio e ledicia incontrolados durante o penúltimo fin de semana de agosto.
Así, nada mellor que arrancar o San Bartolo satisfacendo ben os paladares e rebulindo ben os bandullos ca celebración dunha sardiñada este venres á que seguirá unha actuación musical a cargo do grupo O Tren da Unha. O sábado 24 as honras solemnes ocupan o seu lugar e celebrarase unha misa solemne que será seguida dunha sesión vermouth (ese especimen estranamente inexistente nas Rías Baixas, polo menos na comarca do Salnés) a cargo da Alarma, a que xunto á Midas ocuparase asemesmo cando as sombras se abatan sobre Arou a verbena. E finalmente o domingo 25 nova misa solemne, ésta na honra da Inmaculada Concepción e sesión vermouth acometida por Fania e Blanco Show, que serán tamén os encargados de animar a verbena final do San Bartolo de Arou de 2013. A pasalo ben e ata o ano que ven.


Comentarios
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.