- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Camelle e Arou Camelle e Arou
- Created: 07 Agosto 2013 07 Agosto 2013
Polo que respecta ao Concello de Camariñas, aquí en Camarinas.eu sempre profesamos unha sorte de federalismo municipal: as diferentes parroquias forman un todo inseparable e indivisible en pe de absoluta igualdade, no cal cada unha delas é tan importante como a anterior. Agora ben, transmutada esta idea ao ámbito de España xa a cousa cambia: si se cargaran dunha vez as malditas autonomías (e as deputacións provinciais) sinceiramente creemos que viviríamos nun mundo mellor, sobre todo polo que respecta ao sinfín de cargos políticos dos distintos partidos que irían directamente ao paro e a baixada de impostos consecuente. Tamén nada que ver por suposto cos arriscados xogos de poder de obesos aprendices de bruxo que hai uns anos defendían e animaban intentonas de secesión dentro do noso propio término municipal (asunto da piscifactoría de Camelle) e que agora se adican a insultar e despreciar a parroquias enteiras (Ponte do Porto) a conta do rexeite xeralizado nas mesmas das súas escasas e irrisorias opcións políticas, practicando, xa acorralados e sen opción para máis, unha especie de rudimentario, obsceno e perigoso nacionalismo camariñán de baixo ventre.
O cal por outra parte non deixa de dar resultados satisfactorios nalgún que outro ámbito extremo: caso do Club Náutico, onde os máis fieles á opción gañadora saúdaban o seu triunfo electoral baixo a consigna "Janou Camariñas, perdío Xaviña" (¿?) ou tamén a non menos surrealista botaratada de "Eu voto por Camariñas", debendo ser que os membros da outra candidatura proviñan de Lituania ou Eslovenia. Curiosas formas de racismo intramunicipal. Neste punto, esta redacción, como en todo o demáis, sempre mantivo a mesma postura e non fui cambiando de opcións segundo se ían afundindo sen remisión un tras outro todos os intentos desesperados de certos prejeseiros profesionales. O compromiso con todas e cada unha das parroquias do noso concello é absoluto e irrenunciable, un principio vector da nosa existencia, na unión reside a nosa forza e, coñecendo a importancia que as súas festas patronais representan para calqueira das nosas terras, sempre que se pode achegámonos por elas para deixar un adecuado testimonio das mesmas ou encargamos o traballo a un dos nosos moitos e valiosos corresponsais colaboradores.
E así non podíamos deixar de estar presentes na Procesión Marítima do Carmen de Camelle 2013, unha festividade entrañable a apaixoante ca que a vila máis septentrional do nosa bendita terra se volcou unha vez máis. Acompañando ao pobo soberano camellán en tal crucial data estaban a súa intrépida Danza de Arcos, o seu Patrón Maior, o Alcalde e o seu concelleiro Juan Carlos Canosa Marcote, posiblemente a fichaxe xunto a Juan Manuel Cabrejo Pasantes máis acertada e valiosa do socialismo camariñán nunha década polo baixo. A citada comitiva oficial enrolouse para a ocasión na embarcación que tradicionalmente acomete o honor de transportar a Virxe polos mares, o tan lexendario Furuno, propiedade do noso gran amigo Carlos de Barca, rexente que foi dunha institución hosteleira como o Rotterdam e gran amigo e compañeiro asemesmo de Don Manuel Fraga Iribarne. Baixo o seu sabio maxisterio a Virxe visitou unha ano máis as costas de Arou e as de Traba de Laxe, cumprindo un itinerario marítimo fermoso e peculiar. E todo elo quedará rexistrado ante a historia na hemeroteca cibernética máis importante e completa da Costa da Morte, aquela que aglutina sen descanso as noticias provintes de catro parroquias sen igual en todo o mundo.






























































































































































Comentarios
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.