5 1 1 1 1 1 Rating 5.00 (1 Vote)
Para contemplar unha espectacular alfombra floral de Corpus Christi non hai que ir nin á norteña Burela nin a meridional Ponteareas, terras polo demáis cun amplio bagaxe florido recoñecido polas máis diversas institucións eclesiásticas e civís. Sin saír do noso concello, en Arou este mesmo domingo 2 de xuño de 2013 podíase contemplar un impresionante manto floreado elaborado a base do máis puro material forestal dos montes circundantes que confeccionado polas monxas que axudan a Don Jesús no desempeño do seu maxisterio pastoral e diversos veciños discurría polas rúas da poboación ata a praza no que un altar improvisado esperaba á procesión que honraba unha das principais festas cristianas. Incluso se adxuntou ao evento o disparo pirotécnico de 21 bombas de palenque cando o corpo do Noso Señor Xesucristo se introducía no relicario baixo os sons autóctonos, galegos, dun tambor e unha gaita baqueteados por sendos rapaces arouáns. En definitiva unha fermosa procesión nunha pequena poboación mariñeira do norte que competía con talento e ilusión con outros centros históricos do ramo, ata o extremo de facer totalmente innecesario visitar estas famosas vilas (aínda que algúns así o fixeran) e da que Camarinas.eu como único medio de comunicación presente no evento da agora cumprida conta xornalística.

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.