- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Camelle e Arou Camelle e Arou
- Created: 27 Setembro 2012 27 Setembro 2012
Este sábado 29 de setembro de 2012 terá lugar en Camelle unha misa solemne en honor a San Miguel, esto é, un acto oficial, e estamos aquí en Camarinas.eu apostando si algún dos principais membros do PP camariñán, ben o maxistrado do peito palomo, ben o sheriff do Club Náutico, acudirán á cita co electorado que ata o de agora os votaba por maioría. A favor: as eleccións nas que estes dous fervorosos defensores da okupación ilegal se xogan a vida están á volta da esquina e, claro, teñen que retumbar os tambores electorales, sobre todo se temos en conta que segundo unha opinión certamente extendida parece que serán os resultados nas autonómicas os que determinen o seu futuro: derrota en Camariñas, para fóra os dous; victoria: pois haberá que proporcionarlles un retiro dorado a ambos, eso sí, sempre a costa dos caudales públicos, que paguen os escravos que para eso están.
En contra: pois o Humanismo Cristiano que está na base ideolóxica do seu partido e que ao parecer os dous últimos supervivientes da Costa da Morte se pasan polos forros. ¡Ay, querido electorado, si o Humanismo Cristiano por estes lares repartira billete! Ademáis, entramos xa en pleno horario chiquitero e postos a facer un listado de preferencias, o chiquito sempre sairá vencedor. Outra variante, podería ser a das desventuras privadas do presidente da agrupación camariñana con empresarios camelláns e vaia vostede a saber se non asoma os peliños do bigote por esa causa... En todo caso, andaremos pendentes de si a dupla diabólica camariñana lle infrinxe dende o seu partido a enésima humillación e desprecio ás boas xentes de Camelle.
Polo demáis, o pobo humilde e traballador, ese mesmo que sostén co seu traballo e impostos o entramado político-administrativo máis grande de Europa, posiblemente do mundo, un monstruo insaciable devorador de recursos públicos que mantén sen dar pau a centos de miles de políticos de tódolos partidos, organizou unha festa ben arranxadiña en honor a San Miguel. Esta arrancará xa o venres cunha verbena a cargo de Nueva Generación e Ciclón para o sábado ademáis da misa solemne e procesión amenizada por "Golpe de Mar", ter unha sesión vermouth con Garibaldi e unha verbena na que tamén participará Disco Móvil Landy. E alí, de seguro non fallará un representante da web máis seguida da historia da Costa da Morte, aquela da que sí forma parte do seu ideario fundador o Humanismo Cristiano e para a que asistir a calqueira rito católico constitúe sempre un pracer e un honor. Non facemos se non continuar a tradición dos nosos ancestros.


Comentarios
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.