1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
O helicóptero de urxencias víose obrigado a actuar no noso concello de novoAcostumados como estábamos  á catarata de traxedias que durante esta primavera do 2012 está a asolar o Concello de Camariñas, na redacción de Camarinas.eu empezamos a temer o peor cando soubemos que cara ás 11:00 da mañán deste espléndido xoves 24 de maio o helicóptero de urxencias facía de novo aparición polas nosas terras. Concretamente era en Camelle onde un albañil, operario de Construcciones Tono, sufría un repentino ataque ao corazón que facía presaxiar nuns primeiros instantes de incerteza o peor. Inmediatamente os servizos médicos daban a voz de alarma, Protección Civil de Camariñas tomaba a disposicións necesarias e unha ambulancia e o helicóptero de urxencias desplazábanse cara a vila da cara norte do noso concello. Nembargantes a satisfactoria evolución do pacente así como os rápidos cuidados recibidos levaron a que finalmente fora evacuado cara o centro hospitalario en ambulancia sen ser necesaria a intervención do helicóptero que desta vez voltaba de baleiro cara a súa base. Así pois, nova mañán de sustos e sobresaltos, de vidas postas en xogo por un azar sinistro do destino, que gracias a Deus parece que non vai pasar a maiores.

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.