- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Camelle e Arou Camelle e Arou
- Created: 15 Decembro 2011 15 Decembro 2011
Últimamente ven sendo unha desagradable tradición que os grandes medios de comunicación, ao andar escasos de noticias, magnifican calqueira cousa que aconteza para darlle un tono dramático e así vender a súa historia. Nun setenta ou oitenta por cento dos casos acontece isto que vos contamos cando se trata de anunciar un temporal. E de repente aparecen as unidades móbiles de tódalas radios e televisións esparcidas polos recunchos da Costa da Morte sin que un sepa moi ben que é o que van a retransmitir dende aquí. O caso é que nin este temporal de mar foi tanto como anunciaban esas olas de 8 metros e nin siquera debería de ser necesaria a proclamación nerviosa polos diferentes gobernos e organismos de vixilancia de alerta algunha. Está ben ser precavidos, non decimos que non, pero tamén é necesario un pouco de bo xuizo ante estas situacións e non infundir o medo entre a poboación, sobre todo si se teñen os medios técnicos e humanos para saber que un humilde temporal de frío, chuvia e vento non vai a pasar a furacán. En fin, coma sempre en Camarinas.eu, houbo un avispado usuario que captou para esta web unhas imaxes do forte oleaxe que azotou esta mañá a costa entre Arou e Camelle que podedes ver a continuación.
{phocagallery view=category|categoryid=794|limitstart=0|limitcount=0|displayname=0}
