- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Camelle e Arou Camelle e Arou
- Created: 23 Agosto 2011 23 Agosto 2011
Camelle base da búsqueda do neozelandés desaparecido
Salvamento Marítimo, dependente do Ministerio de Fomento, coordina dende a tarde-noite de onte un operativo de busca para tratar de localizar un bañista desaparecido na praia de Traba, en Laxe. Dende primeiras horas da mañá están a efectuar a busca a "Salvamar Mirfak", a embarcación auxiliar do buque "Don Inda" e os helicópteros "Helimer 211" e "Helimer 210" todos eles de Salvamento Marítimo; así como unha lancha da Cruz Vermella, e efectivos de Protección Civil de Laxe, por terra. Así mesmo vanse sumando ao operativo de busca mergulladores da Base Estratéxica de Salvamento Marítimo e da Garda Civil (GEAS). Arredor das 21:00 horas de onte (hora local), recibiuse unha chamada a través do 112, que alertaba da falta de noticias dun home duns 30 anos e nacionalidade neozelandesa, que entrara a bañarse na praia de Traba ás 18:00 horas e no momento da alerta aínda non regresara. De inmediato, dende o Centro de Salvamento Marítimo (CCS) en Finisterre mobilizáronse medios marítimos e aéreos para tratar de localizar o desaparecido. Os medios que participaron no operativo durante a noite de onte foron os seguintes: "Salvamar Altair", permaneceu na zona toda a noite, ata ser relevada ás 5:00 horas pola "Salvamar Mirfak", a embarcación auxiliar do buque "Don Inda", o helicóptero "Pesca I", a lancha Ataín da Cruz Vermella e efectivos de Protección Civil de Laxe-realizaron a busca por terra.
{phocagallery view=category|categoryid=729|limitstart=0|limitcount=0|displayname=0}

Comentarios
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.