1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
Todo preparado en Camelle para o Espiritu Santo do 2011Este venres 10 de xuño de 2011, no día previo á constitución dos novos concellos que rexerán a España municipal durante o cuatrienio 2011-2015, comenzarán as festas do Espíritu Santo de Camelle. Un ano máis a nosa querida amiga Perla formou parte da Comisión de Festas organizadora do evento e como non podía ser menos deixouse caer pola redacción do xigante informativo do litoral atlántico para facernos entrega do programa que levará durante este vindeiro fin de semana a festa e a troula cara á vila máis norteña do noso concello.

Programa de FestasE un ano máis, o punto de partida marcarao unha impresionante churrascada popular onde todo aquel que se acerque por Camelle poderá degustar a conciencia o máis sabroso producto cárnico, condimentado e asado dunha maneira parsimoniosa e sabia. Xa na noite deste venres as actuacións musicais poñerán o fondo sonoro a esta multitudinaria festa gastronómica, pero o día grande será o sábado no que mentras pola mañán en Camariñas os políticos dentro dos seus xogos de poder constitúen para os vindeiros catro anos o goberno e a oposición municipal, en Camelle pasarrúas, misas solemnes e bailes vermouths levarán a ledicia aos corazóns das boas xentes. Pola noite, verbena a cargo das orquestas Philadelphia e Ciudad Cristal. E así seguirá o ambiente ata o domingo, día no que finalmente outra verbena orquesteril poña punto final ás Festas do Espíritu Santo de Camelle de 2011.

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.