- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Camelle e Arou Camelle e Arou
- Created: 18 Febreiro 2011 18 Febreiro 2011

Despois dos efectos devastadores da cicloxénese explosiva así chamada Becky esperábase con expectación a chegada do enésimo temporal ás nosas costas. Pero nada: de destrucción masiva e caos apocalíptico, nada de nada. Dixeran, as catro da tarde, ca pleamar, a furia asesina das ondas acometerá a demolición definitiva do coqueto porto santamariñán. Pero salvo un pequeno engrandecemento dos dous ocos provocados por Becky e un pouco máis de asfalto arrancado por aquí e por alá, pare usted de contar. Presaxiaran, ¡ah, Camelle! o pouco que quedou de Museo de Man, ¡¡hoxe vai todo polo aire!! E o único que voaba eran as olas competindo maxestuosamente en salto de altura de banda a banda do recente e muchimillonario espigón do seu porto.
Analizado friamente o estado da situación e por aquelo de non malgastar inútilmente unha viaxe, decidimos achegar cara os restos do entorno museístico de Camelle a opinión final, a da voz máis autorizada, por fin un auténtico experto sureño en arte mozárabe e legado musulmán e si fai falta tamén no así chamado "Land Art" (arte efímero). Estamos a falar do noso redactor perruno Bénder, o cal tras tomarse o seu tempo paseando calma, plácidamente, unha e outra vez sobre o malecón un día decorado variopintamente con círculos, cuadrados, trapecios (algún triángulo tamén), e demáis formas xeométricas diversas, hoxe desnudo da súa grandeza pasada, emitío o veredicto definitivo: ¡guau, guau! ("pois si que está desfeito esto"); ¡¡guau, guau, guau!! ("tamén a quen se lle ocurre montar este tinglado aquí!!"); ¡¡guau, guau, guau, guau!! ("non che é nada, von ter que ver de meterme eu na Fundición esa..."). E tras sentenciar ante a posteridade as máximas que gracias a casualidade algún redactor anónimo presente nas inmediacións foi quen de captar e agora reproducimos, por donde vino, así se fue.

Comentarios
Felicidades, pues, al equipo de camarinas.eu
Antonio Puertas
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.