- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Camelle e Arou Camelle e Arou
- Created: 09 Novembro 2010 09 Novembro 2010

Visitar na mañán deste martes 9 de novembro de 2010 o Museo do Man e as casas do seu entorno equivalía a adentrarse nunha terra devastada, nunha zona cero semellante por momentos ao paisaxe resultante do maremoto de Indonesia ou ao rastro que deixa calqueira dos furacáns que asolan periódicamente o sur de Estados Unidos. O mar reclama os terreos que lle pertencen e cáseque anticipa a destrucción das casas ás que a piqueta da axencia da legalidade urbanística seguramente non tardará en meter man. Un tifón asolou a zona norte do Concello de Camariñas e deixou ao seu paso por Camelle muros de pedra, de bloque, reventados, casas inundadas, piletas volteadas, obras de arte destrozadas, carreteras derruidas... Con todo, o dano cebouse especialmente co Museo de Man onde a simple vista podían vislumbrarse as cicatrices irreparables infrinxidas por un mar desenfrenado e atronador ao entorno artístico máis célebre de toda a Costa da Morte. Posible e desgraciadamente a tempestade que dende a verde Irlanda cubrío a marchas forzadas un camiño de centos de millas marinas para asolar a costa galega marcará un punto de non retorno en relación ao conxunto artístico ao que Manfred Gnadinger consagrou toda unha vida. Triste destino o das artes nestas terras.
{phocagallery view=category|categoryid=257|limitstart=0|limitcount=0|detail=8|imageordering=1}

Comentarios
creo q nestes casos o peor son as perdas que sufre a xente e vin na tele a santa mariña(tanto na tvg como na te e sin dubida e a zona cero tal e como deixou tanto camiños como casetas dos pescadores como tamen aparello de pesca!!
O home dende os seus orixes intentou sempre copiar a natureza, non conformándose coa elaboración de simples obxetos indispensables para o seu vivir. Sempre quixo ir a mais e progresar, chegando a límites insospeitados, como os que a modernidade de hoxe en día que estamos a disfrutar.
Velaí os formidables chalés que engalanan as súas moradas. Velaí as maxestuosas catedrais das artes góticas, mozárabes, romanas ou modernistas, como as de Burgos, de Sevilla, de Santiago ou a Sagrada Familia de Barcelona…Museo s como o do Prado, ou o Guggenheim de Bilbao…Cadros esplendorosos como as Meninas, ou a Rendición de Breda ( as Lanzas) de Velázquez, os Borrachos de Goya…Obras da literatura universais, como El Quijote, de Cervantes, ou Guerra y Paz de L. Tolstói, poetas como Rosalía, San Juan de la Cuz, ou Dante…Sen embargo, tódalas súas obras, son cativas imitacións, se as comparamos coa que nos “ agasalla” a nai Natureza: eses paisaxes incomparables dos prados fluorescentes na primavera, esas coliñas labradas de formas caprichosas pola forza do vento, esas rías galegas i esas costas de Reira ou o Vilán… Terremotos que derrúen paisaxes i erguen afrodisíacas islas como as de Canarias, o as de Jaba …Espectáculos dun mar enfebrecido, derruíndo canto atopa ao seu paso…Todo iso é o verdadeiro Museo que, a diario, contemplamos. Iso é ARTE e, o demais, é un mero espellismo.
Antonio Puertas
Ahora, nunha cousa donche a rasón, todos deberíamos aprender aljo de Man,cuidar o sitio no que vivimos
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.