- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Camelle e Arou Camelle e Arou
- Created: 09 Novembro 2010 09 Novembro 2010

As primeiras noticias que empezan a chegar dende Camelle e Arou non poden ser máis alarmantes. O forte temporal que arribou ás costas galegas na tarde deste luns 8 de novembro causou estragos nas dúas poboacións do noso concello máis expostas pola súa situación estratéxica aos temporais chegados dende o noroeste e así un regueiro de destrozos alfombra o camiño que vai dende Santa Mariña ata Camelle. Especialmente grave foi o acontecido na vila máis norteña do concello onde un mar desencadenado causou destrozos alarmantes no conxunto artístisco invaluable do Museo do Alemán. O land-art (arte efímero) de Manfred Gnadinger resultou ser máis fugaz que nunca e quen sabe si algún día poderán repararse os gravísimos destrozos causados no Museo de Man. Asemesmo, un tramo da carretera que leva de Arou a Camelle, entre o porto arouán e a nova EDAR, desaparecío literalmente do mapa, arrasada por un furacán de mar e pedras. A forza das augas chegou incluso a desprazar varios metros os balaustres de pedra maciza que adornan a praia arouana, situación que xa foi arranxada a primeiras horas da mañá por un equipo do Servizo Municipal de Obras. Tamén puidemos saber que o temporal causou danos de consideración no porto de Santa Mariña, arrasando nasas, casetas, barandillas e carreteras. Por outro lado, a normalidade foi a tónica detonante na capital municipal onde o temporal apenas se deixou sentir. Foi na cara norte do concello onde o cicloxénese explosiva do luns 8 de novembro de 2010 será recordada, desgraciadamente, durante anos.

Comentarios
Reyes
Así como creo que tampoco tienen nada que opinar sobre Mandfred la gente que no lo ha conocido. Por lo tanto por respecto a la mayoría de los Camelláns que adoramos nuestro pueblo y todo lo que hace referencia a él, opiniones como la suya, la verdad es que sobran.
Y déjeme añadir que nadie le ha robado nada al mar. Porque esos terrenos tienen dueño y no son precisamente del mar.... Es muy fácil hablar, verdad???se ha parado a pensar que seguramente los que tienen sus casas en esa línea es porque no tuvieron más remedio que hacerlas ahí???? o se cree que los marineros camelláns somos tontos, SEÑORA???? Somos pobres, honrados y trabajadores pero no somos ignorantes!!!
espero q agora a deixen ben feitiña e cunhas aceras para os peóns , q son moitos os veciños de ambolos dous pobos .
un saudo: POBO DE AROU.
La primera vez que lo visité fue hace tres años y me pareció, al igual que el pueblo y sus gentes, un lugar maravilloso.
Soy un madrileño, para más señas de la localidad de Valdemoro, enamorado de ese bello pueblo, que espero y deseo que se unan para poder rehabilitar, dentro de lo posible, ese bellismo museo que les regaló Manfred Gnadinger.
Un saludo
Porque, en mi caso, lo último que quisiera es ofender a nadie, he procedido a borrar mi comentario inicial, en un ejercicio de tardía autocensura.
Existen verdaderas xoias catalogadas por “entendidos” que non son aceptadas, como tale, por moita xente. Por iso, como se dí “ para gustos hay colores “…o que sí, creo, é que TODOS EN ESO COICIDIMOS, EN QUE ESOS PARAXES SON FERMOSISIMOS, PRECIOSOS, MAXESTUOSOS QUE, DE POR SÍ, XA SON DIGNOS DE VISITAR.( e, si o Museo se pode restaurar, mellor que mellor PARA TODOS)
Un saudo AMIGOS
Antonio Puertas
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.