- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Camelle e Arou Camelle e Arou
- Created: 17 Outubro 2007 17 Outubro 2007
O Concello de Camariñas da os primeiros pasos para a conservación do Museo de Man
Nunha reportaxe publicada o xoves 30 de agosto ("Resultado final enquisa museo de Man") , camarinas.eu apuntaba xa a que na nosa opinión era a solución idónea para salvar o Museo de Man: "Que se faga un inventario de todo o seu patrimonio para que desta forma as distintas administracións poidan, coa axuda dos citados artistas, proceder ao mantemento e reposición de todas as obras que compoñen un patrimonio artístico único". Non sabemos se influidos por camarinas.eu, finalmente tras varios anos de abandono polas distintas administracións, tivo que ser o Concello de Camariñas o que se puxese mans á obra para evitar que o legado do xenio desaparecese entre a xeral apatía cunhas medidas en parte coincidentes cas propostas no seu día polo diario on-line máis leído de toda a Costa da Morte. Da man de Silvia Baña Rodríguez, encargada da formación do inventario dos bens do xenial e iconoclasta artista, camarinas.eu poido asistir a través dun recorrido exhaustivo a tódalas actuacións emprendidas dende o Concello para salvar o legado dun artista único: Manfred Gnadinger, o noso alemán de Camelle.
Silvia Baña, a camellana encargada do inventario da obra de Man
O encontro con Silvia Baña, a que ía ser a cicerone que nos guiara a través do itinerario posto en marcha polo Concello para salvar a obra de Man, tivo lugar na recentemente inaugurada Casa do Alemán de Camelle. Alí no terceiro andar dun edificio que arquitectonicamente nos recordaba o Museo que a Fundación Luis Seoane posee na Coruña, esperábanos sempre mergullada nun portátil do que nunca se separa Silvia, unha inxenieira técnico-industrial na que o Concello atopou a persoa indicada para levar a cabo a formación do inventario completo das obras de Man, así como a dixitalización de tódolos documentos, fotos, cartas, libros,etc...que faciliten o estudio por parte dos entendidos da obra do xenial alemán.

Silvia, alta, rubia, unha típica beleza nórdica de Camelle, cóntanos entusiasmada,volcada no seu traballo, que o Concello ideou dende o primer momento unha estratexia de actuacións sucesivas que permitirán o mantemento do Legado de Man no tempo, e mentras nos conta todo esto a tarde vai declinando e a través dos grandes ventanais do tercer piso un sol matizado de outono enchía de luz ese edificio de amplos espazos abertos que é a Casa Cultural do Alemán.
Así, o primeiro paso desta estratexia foi "contar co Centro Cultural Casa do Alemán. Aquí, os veciños de Camelle poderán realizar as actividades culturais e deportivas promovidas polo Concello nun edificio de alta capacidade tecnolóxica que conta con biblioteca, ludoteca e sala de ordenadores, detinándose precisamente a planta baixa a Museo de Man. Desta forma, os visitantes que acudan a Camelle, ademáis de poder visitar o Museo "real", ó aire libre e o entorno de Man, poderán entrar un pouco máis na súa cultura e filosofía de vida, mediante a exposición permanente da súa obra nesta sala da Casa de Cultura".
En segundo lugar, estanse levando a cabo polo Concello os trámites para a creación, tal e como comentou no seu día en primorosa exclusiva a camarinas.eu o Alcalde de Camariñas Manuel V. Alonso de León, Pichurri, da Fundación Man de Camelle . Un dos obxectivos da mesma será a xestión, promoción e desenvolvemento do legado de Man en Camelle, así como do patrimonio histórico, cultural, etnográfico e arqueolóxico do Concello de Camariñas no seu conxunto.
Como tercer pilar da actuación municipal están as labores de restauración e mantemento, que comprenden tres fases:
1 - Restauración do entorno da caseta de Man: esculturas, pinturas,etc. situadas ó lado do muelle. "Hai que ter en conta que o museo deteriórase co paso do tempo debido a varios factores, principalmente a ubicación, xa que a erosión do mar e o vento afectan de forma directa as obras de Man, pero tampouco debemos olvidar outros factores como a actuación de moitos visitantes que ata o de agora entraban no recinto do museo a pesares da prohibición e ca súa actuación imprudente danaban o patrimonio do artista camellán", non pode evitar referirse a Man desta maneira Silvia que, como boa filla de Camelle, sinte a Manfred como algo propio. Por eso mismo, o que máis lle doe e ter que comentar que "un dos factores que máis estropeou o museo foi a limpieza do fuel do Prestige coas hidrolimpiadoras, xa que se perderon as pinturas dos muros e das esculturas, dun valor invaluable".
2 - Restauración do interior da caseta. "A maioría das pertenzas de Man están gardadas na Casa Consistorial, das que precisamente eu son a encargada de facer o inventario, documentando e catalogando o legado de Man, dixitalizando os seus documentos, fotos, libros, cartas privadas, para facilitar ós estudiosos o acceso ós mesmos sen ter que manipular os orixinais e poder reconstruir fielmente o interior da casa de Man",coméntanos Silvia que, a pesares da importancia das labores a ela encomendadas, quítase humildemente importancia:"eu só son un peón máis das actuacións postas en marcha polo Concello".
3 - A terceira destas actuacións de restauración aínda está pendente de definir: OS CAMIÑOS DE MAN, que pretende reconstruir un itinerario de todas aquelas paraxes onde Man deixou a súa huella de artista, e que poderán servir asemesmo como ruta para o sendeirismo nunha paraxe natural idílica. Precisamente idílica é a vista que se disfruta dende o tercer andar da Casa do Alemán: o porto de Camelle, o conxunto de montes que o circundan, e que permiten explicarse ó reporteiro por qué un xoven turista alemán no seu día quedou prendado da beleza salvaxe de Camelle ata o punto de renunciar a todo por ela.
Con todas estas actuacións de restauración conseguirase que o museo se manteña en pé ao longo do tempo e que os visitantes podan visitalo de forma ordeada e civilizada, non constitindo polo tanto unha ameaza para o conxunto artístico.
Silvia en labores de dixitalización da obra de Man
Finalmente, o día 17 de novembro terá lugar o "I Encontro Man de Camelle". Con este encontro daranse a coñecer os proxectos que se pretenden realizar e farase unha recopilación das propostas que poidan axudar ó Concello a tratar este tema de maneira máis axeitada. Será un encontro de debate e reflexión no que participarán persoas vinculadas á cultura en Galicia como Antón Castro, Antón Sobral, Carmen Hermo ou Ana Martínez, entre outros. Precisamente, algúns deles como Antón Sobral, Profesor da Universidade de Santiago de Compostela, asesora ó Concello sobre labores de restauración e púxoo en contacto ca empresa BIC, encargada de realizar a restauración do museo. A musealización das obras de Man na Sala baixa da Casa de Cultura corre a cargo de Felipe Senén, Técnico de Cultura da Deputación Provincial da Coruña.
Como aperitivo do citado encontro, Silvia coméntanos que fai un par de semanas poido asistir ó estreo en Camelle, nun pase privado para a xente do pobo, amigos, familiares..., dunha película-documental sobre a vida e obra de Man do director Bernardo Cerquera, contando ca presencia de Roland Gnadinger, irmán de Manfred, que por vez primeira visitaba Camelle e que se comprometeu a entregar ó Museo pertenzas e cadros da obra temprana de Man que aínda están en Alemania.
Van Gogh: Unha das súas fontes de inspiración
Unha vez rematada a entrevista e tras un tranquilo paseo polas rúas mariñeiras de Camelle, o reporteiro ten que facer esforzos para recordarse a si mesmo que non se atopa nas rúas de Murmansk, Arjánguelsk, Novorosiisk, Vladivostok ou calquer outro porto ruso, dada a cantidade de persoas rubias e de ollos claros que lle saen ó seu paso, auténtica excepcionalidade étnica de Camelle, digna de ser estudiada polos expertos en antropoloxía. Só restaba marchar para a redacción con certa envexa por non contar en Camariñas cun centro da envergadura da Casa do alemán, pero ca conciencia tranquila, pois con esta batería de accións das que camarinas.eu ten o privilexio de dar a exclusiva, intentarase dende o Concello acabar co abandono e deterioro do museo de Man e asegurar a súa supervivencia futura, garantizando que Camelle sexa un punto de visita obrigada para todo visitante que se acerque á Costa da Morte.
Estes visitantes non só encontrarán arte en Camelle, senón tamén unha filosofía de vida e o feitizo dun lugar máxico.
Camarinas.eu rende tributo na tumba do xenio
Comentarios
MANos de artista....
MANtengamos su recuerdo...
MANtengamos su legado...
MAN, "o aleMAN"...
MAN...
arquitecto sen fin dos escollos que trae o mar.
Por eso e por tantos esforzos
camelle non che pode olvidar.
Recórdoche que foron os veciños (eses que según tí lle queríamos tanto mal) quenes o sacaron da cárcere, lle pagaron un avogado, levárono o médico, e lle axudaban coas súas obras... pinturas, cemento, ferramentas, etc. Ou pensas que co teu euro (ou vinte pesos) podería comprar todo iso, e índa por riba aforrar tantos euros...Pois iso, deixa as telenovelas, que che dan unha imaxe mal enfocada da realidade.
E un saúdo Diego...tas que te sales.
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.