- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Camelle e Arou Camelle e Arou
- Created: 10 Setembro 2009 10 Setembro 2009
Camarinas.eu segue facendo máis pola unión das xentes do concello en torno a unha idea común que todas as asociacións civiles e políticas do concello xuntas e desta volta procedemos a publicar unha amplia reportaxe fotográfica dunha das máis antigas tradicións que todas as boas xentes de Camelle repiten ano tras ano con gran entusiasmo e devoción: a da Sagrada Procesión do Sacramento que ten lugar a comenzos de cada setembro e onde unhas impresionantes alfombras florais toman todo o protagonismo e demostran o bo facer e o arte duns veciños especialmente implicados en todas aquelas inicativas e proxectos colectivos que beneficien ao Camelle da súa alma. Camarinas.eu volve aos seus oríxenes, a onde comenzou todo, cunha impresionante galería fotográfica de 90 imaxes que deixa constancia dunha das manifestacións colectivas máis fermosas e antigas deste Concello.
A impresionante Procesión do Sacramento de Camelle reproducida nunha espectacular galería de fotos por Camarinas.eu
Comentarios
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.