- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Camelle e Arou Camelle e Arou
- Created: 22 Mai 2009 22 Mai 2009
Este verán Arou será unha gran festa

Cando camarinas.eu desata a blitzkrieg informativa, a súa guerra relámpago xornalística particular, todos os frentes periodísticos quedan devastados. Porque cando aquí nos espabilamos, atópanse noticias ata debaixo das pedras e un frenesí publicativo incontenible apodérase desta redacción. Decimos esto porque o espacio vital (Lebensraum) de camarinas.eu, está constituido por todas as parroquias do Concello por igual e por eso cando calqueira dos nosos veciños quere que algo se sepa de verdade acude á web reina da Costa da Morte e entón os nosos batallóns informativos actúan con precisión quirúrxica.
Este foi o caso da nosa querida amiga Sara que acudío a esta redacción para comunicarnos que mañá sábado 23 de maio espéranos unha gran festa con churrascada gratis incluida na praia arouana onde se celebrará a nova apertura do Chiringuito Praia de Arou. O local quedará instalado na flamante praza que o novo Paseo Marítimo arouán trouxo consigo, xusto diante da praia, e sen dúbidas contribuirá a facer de Arou un destino turístico de primeira magnitude dotado dun espectacular areal, un fantástico Paseo Marítimo, as rapazas máis fermosas dos contornos e agora o tropical e caribeño chiringuito onde poder refrescarse de tan abrasadores calores. Este verán xa sabedes onde atoparnos. E todo elo mentras trazamos maquiavélicos plans para levar a cabo a anexión informativa (Anschluss) de toda a Costa da Morte.
Comentarios
FELISIDADES AMIJOS
Antonio
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.