3.8064516129032 1 1 1 1 1 Rating 3.81 (31 Votes)
A Rúa da Igrexa de Camelle lucirá un novo pavimentado en pavimento impreso tras esta obra
A Rúa da Igrexa de Camelle lucirá un novo pavimentado en pavimento impreso tras esta obra

Comenzan as obras da Rúa da Igrexa de Camelle

Pois os xigantescos (e supoñemos que costosos) carteis do famoso Plan E ideado polas mentes do goberno como medida de fomento e estímulo da maltreita economía española xa están aquí. En concreto, as da obra "Pavimentación da Rúa da Igrexa de Camelle", a menor das sete obras que dentro do Fondo Estatal de Inversión Local (FEIL) vai a executar directamente o Concello de Camariñas e que foi adxudicada á empresa camellana de construcción "José Antonio Pose Romar y Otro, S.C." por importe de  47.471,11 euros.  Pulsa na imaxe para ver a noticia completa, unha galería fotográfica e un vídeo.

Pero que ninguén se poña nervioso, os carteis deben ser sufragados polas empresas adxudicatarias e a obriga da súa instalación na obra correspondente ven establecida no Real Decreto que regula o citado FEIL, o cal forma parte do Plan E, como proxecto estrela centrado na inversión en obra pública nos concellos para desta forma reactivar a economía mediante unha importante inxección inversora por parte do Estado e así se crear postos de traballo. Ou sexa, Keynesianismo en estado puro. Agora ben, está por ver si as receitas do economista John Maynard Keynes que supostamente axudaron a saír da Gran Depresión de 1929 aos Estados Unidos do Presidente John Delano Roosvelt son aplicables aquí e agora. Polo ben de todos, esperemos que así sexa.

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.