Dona Juana Barcia Gerpe, veciña de Camariñas, Descanse en Paz

Dona Juana Barcia Gerpe, veciña de Camariñas, Descanse en Paz

Na mañá deste sábado 10 de marzo de 2018 a redacción desta web tiña coñecemento da tráxica morte da querida veciña de Camariñas Dona Juana Barcia Gerpe aos seus tempranos 72 anos de idade. Dona Juanita de Marta, como era máis coñecida en toda a vila das palilleiras, está sendo velada no velatorio 1 do Tanatorio Municipal Irmáns Fernández Espín de Camariñas, dende onde sairá cara a Igrexa de San Xurxo ás 15:45 da tarde deste domingo 11 de marzo. Alí, no sagrado templo camariñán, será celebrado o funeral de corpo presente de Señora Juana para despois efecturse o seu sepelio no Cemiterio Parroquial de San Xurxo de Camariñas onde os restos mortais desta querida veiña da vila das palilleiras terán descanso eterno. Vaia dende esta redacción as nosas máis sinceiras condolencias así como darlle todo o ánimo e forza do mundo nestes duros momentos que estás a pasar a toda a familia e amigos de Dona Juana Barcia Gerpe, Descanse en Paz. ...
Novo roubo no Café Bar San Remo de Camariñas

Novo roubo no Café Bar San Remo de Camariñas

Despois da longa recuperación de nosa querida amiga Ángeles, xerente do Café Bar San Remo, tivo que padecer ao sofrir unha enfermidade que a postraba no hospital por caseque medio ano, agora cébanse co seu negocio os malnacidos amigos do axeno. Na madrugada deste martes 20 de febreiro uns descoñecidos asaltaban (e xa van dúas veces en menos de seis meses) o local hostaleiro situado en pleno paseo marítimo camariñán arrancando de cuaxo a verxa metálica de seguridade que pecha o local hostaleiro. O sistema para facelo saltar polos aires foi ben sinxelo, amarrando unha cadea ao portal para tirar del mediante o potente motor do coche dos cacos. E a pesares do gran estruendo que produxo non temos constancia de que ninguén se enterara do asalto, e pensamos que foi mellor así xa que tal e como andan crecidos os delincuentes esto estase a parecer máis a un pobo olvidado do medio oeste norteamericano do século XIX que unha vila española do século XXI. ...
Cartel do Enterro da Sardiña 2018 en Camariñas

Cartel do Enterro da Sardiña 2018 en Camariñas

Este sábado 17 de febreiro conclúe definitivamente o exitoso carnaval 2018 organizado polo Concello de Camariñas. E remata co sempre carcaxeante Enterro da Sardiña que organiza o concello coa colaboración  das "Choronas" e da ANPA do Colexio O Areal de Camariñas. Será a partires das 17:00 horas cando se vele a fenecida sardiña na Casa de Pedra para, acto seguido, marchar en fúnebre procesión acompañados da Charanga BB+ cara á Praza do Mercado onde se celebrará o enterro definitivo ao mesmo tempo que se degusta un chocolatiño ben quente. Deste tradicional xeito damos por rematado aquí en Camarinas.eu un entroido 2018 espectacular, con festas e actos celebrados en todas as parrquias do concello e cun impresionante concurso de comparsas que congregou a preto de un milleiro de persoas no pista 2 do Pavillón municipal de Camariñas. Un gran traballo dende o Concello de Camariñas e, sobretodo, dende a Concellalía de Cultura que dirixe o xaviñán Sergio Caamaño. Noraboa. ...
Don José Antonio Pensado Pérez, veciño de Camariñas, Descanse en Paz

Don José Antonio Pensado Pérez, veciño de Camariñas, Descanse en Paz

Non sabemos que é o que está a pasar con este principio de ano 2018, pero o caso é que debe de ser un dos comezos de ano máis tráxicos que un redactor lembra dentro do ámbito municipal de Camariñas no que respecta a defuncións. Na tarde deste mércores 14 de febreiro tiñamos coñecemento do desgraciado pasamento do querido veciño de Camariñas Don José Antonio Pensado Pérez aos seus tempranos 59 anos de idade despois dunha terrible enfermidade que ao final levouse a vida deste estimado veciño da vila das palilleiras. O corpo sen vida de Tatá, como era cariñosamente coñecido en toda Camariñas este lobo de mar, mariñeiro de toda a vida, está sendo velado no Tanatorio Muncipal Irmáns Fernández Espín de Camariñas, dende onde sairán os seus restos mortais ás 17:15 deste xoves 15 de febreiro de 2018 cara a Igrexa Parroquial de San Xurxo de Camariñas para ser celebrado o seu funeral de corpo presente. Acto seguido, o corpo sen vida de Don José Antonio Pensado Pérez, será trasladado ata o Cemiterio Parroquial de Camariñas onde terá merecido descanso eterno. Dende esta redacción queremos expresar as nosas máis sinceiras condolencias a toda a familia e amigos de...
Impresionante concurso de comparsas de entroido do Concello de Camariñas

Impresionante concurso de comparsas de entroido do Concello de Camariñas

A pista 2 do Pavillón Municipal de Camariñas quedouse pequena para a inmensa cantidade de persoas que se daban cita nas instalacións deportivas para ver o espectáculo programa do pola concellalía de cultura do concello. Preto de 900 persoas que, a pesares da intensa chuvia que caía na tarde deste martes de carnaval en Camariañs, abarrotaban o recinto para ver ata 7 sensacionais comparsas que competían para levarse o primeiro e segundo premio. Entre todas elas o xurado tivo bastante traballo na súa deliberación para provlamar os dous primeiros clasificados que se levarían os xugosos premios. Finalmente foi a multitudinaria comparsa de Vimianzo, na que participan tamén varios integrantes do concello de Camariñas, "Secretos do Xardín" a que se levou os 500 euros de premio. O grupo de amigos da Ponte do Porto que formaba parte da comparsa "Dioses de Egipto" conseguía levar o segundo premio dotado con 300 euros. Finalmente lembrar que todas e cada unha das compañías participantes foron agasalladas cunha merecida recompensa de 200 euros para sufragar dalgún xeito todo o traballo desenrolado para participar neste espectacular concurso de comparsas organizado pola concellalía de cultura do Concello de Camariñas. Noraboa! ...