Don Eduardo Campaña Martínez, veciño de Camariñas, Descanse en Paz

Don Eduardo Campaña Martínez, veciño de Camariñas, Descanse en Paz

Semana tráxica para a mítica familia mariñeira de Camariñas. Primeiro foisenos un dos máis queridos e auténticos lobos de mar da nosa vila en toda a súa lexendaria historia como foi Pepe O Negrito, e hoxe recibíamos nesta redacción a triste noticia da defunción dun dos armadores máis carismáticos e importantes de toda esta Costa da Morte. Estamos a falar de Don Eduardo Campaña Martínez "Siro" tal e como era coñecido en gran parte da costa galega este gran amigo da redacción de Camarinas.eu e mítico patrón de varias das embarcacións claves para comprender a exitosa historia da arte da pesca do  cerco en Camariñas. Finaba noso amigo na tarde deste xoves 3 de maio de 2018 despois de recibir os auxilios espirituais na súa casa da Rúa do Río despois dunha dura loito contra unha grave enfermidad que á fin e a postre levouse por diante a vida deste camariñán con maiúsculas. O corpo sen vida deste querido veciño da Vila das Palilleiras está sendo velado na Sala I do Tanatorio Municipal Irmáns Fernández Espín de Camariñas, dende onde sariá cara a Igrexa Parroquial de San Xurxo de Camariñas ás 17:45 da tarde deste venres 4 de maio para...
Don José María Quiza, veciño de Camariñas, Descanse en Paz

Don José María Quiza, veciño de Camariñas, Descanse en Paz

Tarde tráxica no barrio de Corea. Un dos seus veciños máis lonxevos e representativos do famoso distrito camariñán deixaba este mundo aos seus 84 anos de idade. Estamos a falar de Don José María Quiza, coñecido cariñosamente en toda a Costa da Morte como "O Negrito", gran lobo de mar que tivo ao seu mando varias embarcacións de renome, persoa sempre afable e cariñosa, carismática e querida en toda a vila que o veu nacer e que triunfou na súa vida como patrón, pai de familia e amigo, sempre amigo. Unha persoa que quedará sen dúbida para o recordo desta redacción como un compañeiro e que se foi lamentablemente na tarde deste xoves 26 de abril de 2018 despois dunha longa enfermidade. O corpo sen vida do noso querido amigo está sendo velado no Tanatorio Municipal Irmáns Fernández Espín de Camariñas, dende onde sairán cara a Igrexa Parroquial de San Xurxo ás 16:15 da tarde deste venres 27 de abril. Acto seguido será celebrado o seu funeral de corpo presente no sagrado templo camariñán para despois ser realizado o seu sepelio no Cemiterio Parroquial de Camariñas. Dende esta redacción queremos expresar o noso máis sinceiro pésame a toda a familia...
Este venres reapertura da Cafetería Belmar de Camariñas

Este venres reapertura da Cafetería Belmar de Camariñas

Van chegando as vacacións de semana santa, a Mostra do Encaixe de Camariñas está xa por toda Galicia publicitada, o verán está a volta da esquina... e, como non podía ser doutra maneira, volven a animarse as inauguracións de establecementos hostaleiros en todo o Concello de Camariñas. Tal é o caso da reapertura da Cafetería Belmar que reabre as súas portas con nova xerencia e novas ideas que estimularán sen dúbida este dinámico sector en Camariñas. Será a partires das 19:00 horas cando Hermindo Pose, novo xerente do local hostaleiro, abra de novo as portas deste local situado nunha das zonas máis privilexiadas do paseo marítimo de Camariñas, cunhas vista ao porto da vila dos encaixes espectaculares dende a súa coqueta terraza montada recentemente. Dende este auténtico mirador ao porto máis bonito de toda a Costa da Morte, vostede pode saborear os diferentes cafés que nos teñen preparados no Belmar, así como degustar as dulces creaciuóns pasteleiras coas que nos sorprenderá a nova xerencia deste local. Así mesmo, e como novidade, tamén poderemos degustar racións e varios platos especiales recentemente creados para esta reapertira. E todo isto poderedes disfrutalo a partires da tarde deste venres 23 de marzo na reinauguración...
Localizadas las serpientes de bronce del HMS Serpent - Foto: Paco Prado

Localizadas las serpientes de bronce del HMS Serpent

El grupo de las serpientes de bronce que jalonaban la figura del mascarón de proa del HMS Serpent pudo ser localizado en Camariñas después de 127 años. La pieza formaba parte del barbudo, el mascarón de proa del barco, pero al ser de bronce fue guardada en su día por uno de los participantes en los desguaces hechos en los años cincuenta del siglo pasado por los buzos de Camelle que adquirieron el pecio. Un equipo de la delegación provincial de la Real Liga Naval Española que está haciendo un inventario de posibles piezas de naufragios guardadas en los desvanes de las casas de viejos buzos y chatarreros de la Costa da Morte lo localizó esta semana en Camariñas. También hallaron documentación consular del naufragio que están analizando. El HMS Serpent un moderno crucero torpedero de la Royal Navy naufragó en Punta do Boi, Camariñas, un diez de noviembre de 1890, causando 172 víctimas. Es posiblemente el más celebres de los naufragios sucedidos en la zona. ...
Dona Dolores Pasantes Suárez, veciña de Camariñas, Descanse en Paz

Dona Dolores Pasantes Suárez, veciña de Camariñas, Descanse en Paz

Na mañán deste domingo 18 de marzo de 2018 a redacción desta web recibía a triste noticia da morte da querida veciña de Camariñas Dona Dolores Pasantes Suárez aos seus 86 anos de idade. O corpo sen vida de Dona Dolores está sendo velado no Tanatorio Municipal Irmáns Fernández Espín de Camariñas, dende onde sairá ás 15:45 da tarde deste próximo martes 20 de marzo cara a Igrexa Parroquial de San Xurxo de Camariñas para ser celebrado o seu funeral de corpo presente. Acto seguido, os restos mortais de Dona Dolores tomarán merecido descanso eterno no Cemiterio Veciñal de Camariñas onde será celebrado o sepelio de Dona Dolores. Vaia dende esta redacción as nosas máis sinceiras condolencias a toda a familia e amigos de Dona Dolores Pasantes Suárez. Descanse en Paz. ...