Don José González Canosa, veciño de Camariñas, Descanse en Paz

Don José González Canosa, veciño de Camariñas, Descanse en Paz

Na media mañán deste triste martes 15 de maio de 2018 a redacción desta web recibía a tráxica noticia da morte do noso querido amigo Don José González Canosa aos seus 85 anos de idade. Don José, máis coñecido cariñosamente en toda Camariñas como Pepe Grande, está sendo velado no Tanatorio Municipal Irmáns Fernández Espín de Camariñas, dende onde sairá ás 16:15 da tarde deste mércores 16 de maio de 2018 cara a Igrexa Parroquial de San Xurxo de Camariñas onde será celebrado o Funeral de Corpo Presente por Don José. Acto seguido o corpo sen vida de Don José será trasladado ata o Cemiterio Veciñal de Camariñas onde os restos mortais do querido veciño de Camariñas e amigo dos vellos tempos do Café Bar Arnela, Pepe Grande, terá merecido descanso eterno. Vaia dende esta redacción toda a forza e cariño á familia e amigos de Don José González Canosa "Pepe Grande", Descanse en Paz. ...
Domingo 27 de maio, Festa Popular do Foxo dos Lobos de Camariñas

Domingo 27 de maio, Festa Popular do Foxo dos Lobos de Camariñas

O domingo 27 de maio na zona de Reira de Camariñas, celebrase esta segunda edición da festa do Foxo dos Lobos. A asociación Dequenquen, o Concello de Camariñas e a Deputación da Coruña colaboran na realización deste evento que pon en valor un un dos patrimonios inmateriais e das construcións etnográficas máis singulares da provincia: o foxo dos lobos. ...
Paula Esteiro Ramos, nomeada Camariñana de Honra 2018

Paula Esteiro Ramos, nomeada Camariñana de Honra 2018

A Asociación Cívica, Cultural, Deportiva e Recreativa “Virxe do Carme de Camariñas” acordou nomear á atleta camariñana Paula Esteiro Ramos, Camariñana de Honra 2018. Este recoñecemento, que se fai por primeira vez, pretende, con carácter anual e coincidindo coa festividade do Carme de Camariñas, recoñecer á persoa, entidade ou institución que represente mellor os valores camariñáns.  ...
Comezan as importantes obras de remodelación da Rúa Pinzón en Camariñas

Comezan as importantes obras de remodelación da Rúa Pinzón en Camariñas

Este luns 7 de maio coa chegada do esperado bo tempo daba comezo a primeira das importantes actuacións que o Concello de Camariñas teñen proxectado en necesitados viais da capital municpal. A primeira obra que da o pistoletazo de saída a esta batería de actuacións proxectadas deuse na moi necesitada Rúa Pinzón de Camariñas. Este importante vial camariñán remodelarase por completo dotandoo dun bonito aspecto exterior continuando ca apariencia das rúas adxacentes do Tanatorio Muncipal Irmáns Fernández Espín así como no que non se ve, pero que resulta si cabe máis importante ao fin e ao cabo. Deste xeito renovaranse completamente as acometidas de auga de todas e cada unha das vivendas da Rúa Pinzón así como a substitución das antigas cañerías por uns novos modelos de tubería moito máis eficientes. Tamén se crearán as importantes cañerías de augas pluviais que teñen como principal función a de liberar de traballo a EDAR de Camariñas nos días de chuvia. A obra está sendo executada pola empresa concesionaria Arines Obras y Proyectos S.L. e ten un orzamento total de 155.548,32 €. Con motivo desta importante actuación do Concello de Camariñas esta vía e algunha das súas anexas deberán ser cortadas ao tráfico...
Don Ramón Canosa Arjomil, veciño de Camariñas, Descanse en Paz

Don Ramón Canosa Arjomil, veciño de Camariñas, Descanse en Paz

Seguimos coas tráxicas noticias que aflixen a toda a vila das palilleiras. Outro dos veciños máis carismáticos e senlleiros de toda Camariñas deixaba este mundo aos 87 anos no hospital da Coruña onde estaba ingresado por mor dunha dolencia. Estamos a falar de Don Ramón Canosa Arjomil, máis coñecido en toda a vila por ser o lexendario zapateiro que tiña o seu mítico taller no barrio de Corea. Falecía don Ramón este xoves preto das 12 da noite e collía por sorpresa a todo un pobo que se despertaba na mañán deste venres 4 de maio co corazón aflixido ao coñecerse a triste noticia do seu falecemento, e é que non era para menos, pois hai poucos días que víamos ao noso amigo dando as súas rutinarias camiñatas polo paseo marítimo de Camariñas. O corpo sen vida de Don Ramón "O Zapateiro" está sendo velado no Tanatorio Muncipal Irmáns Espín de Camariñas, dende onde sairá cara a Igrexa Parroquial de San Xurxo ás 16:15 da tarde deste sábado 5 de maio de 2018. Xa no sagrado templo camariñán será celebrado o funeral de corpo presente de Don Ramón para, acto seguido, ser realizado o seu sepelio no Cemiterio Veciñal de...