EXCLUSIVA! O Espectacular cartel da Festa do Carmen 2018 en Camariñas

EXCLUSIVA! O Espectacular cartel da Festa do Carmen 2018 en Camariñas

Tal como prometéramos o mellor club de fútbol do século XXI gañou a décimoterceira e a a máis completa formación festeira da Costa da Morte organizou a mellor festa posible do Arco Atlántico. Tal como no caso da Gloria Blanca, esto xa se fai por simple aplicación dun método transmitido por xeracións precedentes. E así en breves datas dende a posta de largo xa temos o Cartel da Festa do Carmen do 2018, no que fichando aquí e alá conformouse un plantel festeiro de primeiro nivel, plantel que tamén como sempre presenta ao noble pobo camariñán en exclusiva Camarinas.eu xa que nin máis nin menos o seu director e fotógrafo de bodas na Costa da Morte Diego Alonso Freire elaborou desinteresadamente o seu cartel tal e como o leva facendo con tanto éxito nestes derradeiros anos. E así un ano máis, poñendo todos algo de sí mesmos sin máis interese que ver a nosa Camariñas no top festivo nacional, estamos ás portas dun Carmen que fará historia.... ...
A delegación de La Turballe na súa visita a empresa porteña Gallego Pereira

Fin de semana de Irmamento entre Camariñas e a localidade francesa de La Turballe

Nesta pasada fin de semana unha delegación da vila francesa de La Turballe encabezadas polo seu alcalde Jean- Pierre Branchereau visitaban Camariñas para formalizar o acto de irmamento entre estas dúas vilas. Durante a súa estancia, o grupo de visitantes galos examinaron alguns dos lugares máis representativos do Concello de Camariñas. Dende o venres 25 ata o luns 28 de maio toda a comitiva de representantes do país veciño tiveron a ocasión de comprobar todas as bondades da nosa terra. Dende a espectacular paisaxe ata a deliciosa comida que tiveron ocasión de degustar así como comprobar a efeiciencia das nosas industrias máis importantes e descubrir as festas e tradicións máis arraigadas do noso concello. E Camarinas.eu non podía faltar nesta nova data histórica que representa este irmamento entre os Concello de Camariñas e La Turballe, eso sí ca ausencia dos mismos de sempre. ...
Hotel Playa de Camariñas, un soplo de aire fresco para o turismo de Camariñas

Hotel Playa de Camariñas, un soplo de aire fresco para o turismo de Camariñas

Estas derradeiras semanas están sendo frenéticas para o xoven empresario camariñán Rubén Lema e familia. Despois dunha longa temporada de duros traballos están a piques de inaugurar o que será un dos máis atractivos hoteis de toda a Costa da Morte. Hotel Playa de Camariñas é o nome escollido por este xoven emprendedor da nosa vila para esta nova instalación hoteleira sita en plena praia de Area da Vila No que antigamente foi o Hotel Triñanes, pero cunha inversion importantísima que supuxo inha reforma do inmoble caseque total. Dende a instalación electrica ata os sumidoiros, todo se reconstruiu novamente dándolle un exquisito toque modernista tanto nas habitacións como nos demáis recunchos do hotel. ...
Dona María Valiña Canosa, veciña de Camariñas, Descanse en Paz

Dona María Valiña Canosa, veciña de Camariñas, Descanse en Paz

Na mañán deste luns 21 de maio de 2018 a redacción desta web recibía a triste noticia da defunción da querida veciña de Camariñas Dona María valiña Canosa aos seus 82 anos de idade. Señora María, máis coñecida en todo o barrio de Buría por María "A Colorada" está sendo velada no Tanatorio Municipal Irmáns Fernández Espín de Camariñas, dende onde sairá cara a súa querida Igrexa de San Xurxo ás 17:45 horas deste martes 22 de maio de 2018. Xa no templo camariñán será celebrado o funeral de corpo presente por Dona María para, acto seguido, ser trasladados os seus restos mortais cara o Cemiterio Veciñal de Camariñas onde Dona María terá merecido descanso eterno. Vaian dende esta redacción as nosas máis sinceiras condolencias nestes duros momentos que están a pasar a toda a familia e amigos de Dona María Valiña Canosa. Descanse en Paz. ...
Don Jorge Castiñeira Castro, veciño de Camariñas, Descanse en Paz

Don Jorge Castiñeira Castro, veciño de Camariñas, Descanse en Paz

Seguimos a padecer tráxicas noticias en todo o Concello de Camariñas e voltamos desta vez a publicar outra esquela. Neste caso trátase da defunción na madrugada deste mércores 16 de maio do querido veciño de Buría Don Jorge Castiñeira Castro aos seus tempranos 69 anos de idade. O corpo sen vida de Don Jorge está sendo velado no Tanatorio Municipal de Camariñas Irmáns Fernández Espín, dende onde sairá ás 18:00 horas da tarde deste mércores 16 de maio cara a Igrexa Parroquial de San Xurxo de Camariñas onde será celebrado o funeral de corpo presente de Don Jorge. Acto seguido procederase a realizar o sepelio deste querido veciño de Buría no Cemiterio Municipal de Camariñas onde os restos mortais de Don Jorge terán merecido descanso eterno. Vaia dende esta redacción as nosas máis sinceiras condolencias a toda a familia e amigos de Don Jorge Castiñeira Castro. Descanse en Paz. ...