Dona Carmen Alborés Gude, veciña de Camariñas, Descanse en Paz

Dona Carmen Alborés Gude, veciña de Camariñas, Descanse en Paz

Este intempestivo venres 9 de novembro de 2019 deixaba este mundo a querida veciña de Camariñas Dona Carmen Alborés Gude aos seus 93 anos de idade en Santiago de Compostela, onde residía ultimamente xunto a súa familia. O corpo sen vida desta gran muller, camariñana de toda a vida, está sendo velado no Tanatorio Municipal de Camariñas Irmáns Fernández Espín, dende onde sairá cara a Igrexa Parroquial de San Xurxo cara as 15:30 deste sábado 10 de novembro. Alí no sagrado templo camariñán será celebrado o funeral de corpo presente por Dona Carmen para, acto seguido, ser realizado o seu sepelio no Cemiterio Veciñal de Camariñas onde os seus restos mortais terán merecido descanso eterno. Vaia dende esta redacción as nosas máis sinceiras condolencias a toda a familia e amigos de Dona Carmen Alborés Gude especialmente ao seu fillo Miguel e a súa Dona Beatriz así como a súa neta María. Descanse en Paz. ...
Sandra Ínsua e Juan Carlos Canosa na delegación de Costas en Galicia

Costas confirma o proxecto da senda peonil entre as praias de Area da Vila e Lingunde

O proxecto para a construción dunha senda peonil entre Area da Vila e a praia de Lingunde está a piques de ser unha realidade. Así llo confirmou onte o Xefe da Demarcación de Costas do Estado, Rafael Eimil, a alcaldesa de Camariñas, Sandra Insua, e ao segundo tenente de alcalde, Juan Carlos Canosa, nunha reunión mantida na Coruña. Eimil confirmoulles aos representantes do goberno local de Camariñas que esta actuación, que servirá para continuar o paseo marítimo e unir a pé estes dous areais que actualmente están separados por un saínte, será licitada nos próximos meses. ...
Camariñas continuará a ter servizo de pediatría no centro de saúde

Camariñas continuará a ter servizo de pediatría no centro de saúde

O centro de saúde do Concello de Camariñas continuará a contar cun pediatra a pesar de que á persoa que actualmente ocupa ese posto concedéuselle o traslado e abandonará a vila. Así llo confirmaron ao Concello de Camariñas desde o propio Sergas. ...
Dona Raquel Moreira Carril, veciña de Camariñas, Descanse en Paz

Dona Raquel Moreira Carril, veciña de Camariñas, Descanse en Paz

Volve a golpear a traxedía a todo o pobo de Camariñas neste día da Pilarica. Na mañán deste tempestuoso 12 de outubro de 2018 a redacción desta web recibía totalmente abatida a triste noticia da defunción da nosa querida amiga Dona Raquel Moreira Carril aos seus tempranos 48 anos de idade. Raquel da Leisana, como era cariñosamente coñecida en todo o concello, levaba xa uns anos loitando contra esa lacra que mantén en xaque a toda a comunidade científica e que tanto está a golpear nos últimos tempos a toda a vila de Camariñas. Finalmente o cancro levouse a vida desta exemplar muller camariñana: muller traballadora onde as houbera, amante da súa familia, sempre afable e sonriente como a que máis, mítica palilleira que practicaba o arte propio de Camariñas como é o palillo dende moi nena e unha das responsables do emblemático Museo do Encaixe da vila que a veu nacer. Deixa Raquel neste mundo aos seus dous amados fillos orfos, ao seu marido viúvo e a todo un pobo sumido na dor máis absoluta. O corpo sen vida da nosa amiga Raquel está sendo velado no Tanatorio Municipal de Camariñas Irmáns Fernández Espín, dende onde sairá cara a...
Don Eliseo Lado Cernadas, veciño de Camariñas, Descanse en Paz

Don Eliseo Lado Cernadas, veciño de Camariñas, Descanse en Paz

Na mañán deste venres 28 de setembro de 2018 falecía tráxicamente na súa casa de Buría o querido veciño de Camariñas Don Eliseo Lado Cernadas aos seus tempranos 59 anos de idade despois dunha longa loita cunha terrible enfermidade que, ao final, levouse por diante a vida do noso querido conveciño. Deixa Don Eliseo, máis coñecido tanto en Camariñas coma na súa parroquia natal de Corcubión polo cariñoso sobrenome de Chelo, a súa dona Antonia viúva e aos seus dous fillos orfos ademáis dun netiño que era o seu olliño dereito. O corpo sen vida de Don Eliseo Lado Cernadas está sendo velado no Tanatorio Municipal Irmáns Fernández Espín de Camariñas, dende onde sairán cara a Igrexa Parroquial de San Xurxo de Camariñas ás 16:15 da tarde deste triste sábado 29 de setembro. Posteriormente os restos mortais de Don Eliseo serán trasladados para a súa incineración. Dende esta redacción queremos expresar as nosas máis sinceiras condolencias a toda a familia e amigos de Don Eliseo así como ofrecerlles todo o noso apoio nestes terribles momentos que están a vivir. Don Eliseo Lado Cernadas, Descanse en Paz ...