Stolt Sea Farm: Empresas que non dan exemplo

Stolt Sea Farm quere facerse de ouro en Camariñas a conta dos seus xa de por si explotados traballadores Hoxe ás 9 da mañá os traballadores de Stolt en Vilán concentráronse contra a empresa O 90% dos traballadores da pranta acuícola que Stolt Sea Farm ten en Camariñas, secundaron o paro convocado polo comité de empresa da firma Norueguesa xunto cos sindicatos C.I.G. e C.C.O.O. O paro foi un éxito a pesar das amenazas e presións que recibiron algúns traballadores por parte da empresa que se centrou en amenazar con despidos indiscriminados segundo informacións dos traballadores. É increible que estea a facer isto unha empresa que debería de ser un exemplo de bo trato aos seus traballadores e un pouco máis equitativa cos inmensos beneficios que multiplica ano tras ano e que está a ser subvencionada por Europa, Estado e Xunta con cartos públicos. Non falemos dos tratos de favor que recibe para implantar as súas factorías, porque, mentras a xente normal non pode construir a menos de 500 metros do mar, estes Noruegos constrúen as súas subvencionadas prantas en plena rede natura, tirando residuos probablemente contaminantes a 100 metros da mítica reserva de aves mariñas que é o Vilán...

Fotos da Festa de San Ramon

Imaxe de arquivo Xa podes ver un pequeno avance das fotos que estivemos sacando polo palco da festa de San Ramón: a última festa do Verán na Costa da Morte, e que como tódolos anos acolleu a numeros visitantes no seu día grande, o 31 de agosto. Para ver as primeiras fotos PULSA AQUÍ ...
Menbros do Grupo Maisha

Todo preparado no Curbeiro para o concerto de Maisha

Os grupos xa quentan motores e afinan os instrumentos no Curbeiro. Xa en toda Camariñas estamos esperando que empezen a ruxir as guitarras e os tambores. Os grupos son de calidade e o tempo non pode ser millor. Espéranos unha noite de bóa música e diversión. Estaremos hoxe toda noite para quitar as fotos e mañá meteremolas na galería de fotos especial deste festival. ...

Gran Festival en Camariñas

Venres 24 e Sábado 25 de Agosto son as datas elexidas polos organizadores para celebrar o festival. Este verán rematará no Bar Curbeiro de forma espectacular coa organización de un festival musical sen precedentes en Camariñas que reunirá aos mellores grupos que pasaron pola tempada de concertos do Bar Curbeiro. Grupos coma Días de Furia consolidados xa no panorama musical estatal daranse cita no Curbeiro o próximo fin de semana. Nesta ocasión os concertos desenvolveranse na Praza do Curbeiro para que todo Camariñas poida desfrutar deles. ...
Yate holandés embarrancado na Vasa de Camariñas

Despiste dun yate de nacionalidad holandesa

O Holandés Errante embarranca na Vasa. Hoxe, a primeira hora da tarde, fumos testigos dunha historieta realmente cómica: un yate de nacionalidade holandesa introducíuse na Vasa de Camariñas pensando que había calado suficiente. O caso é que chegou ata casi o final da Vasa cando empezou a baixar a marea ata que quedou totalmente en seco. Ahora tócalle esperar a que suba a marea... Pois como siga con esta pericia náutica a este paso vaille tocar seguir a estela daquel lexendario buque da mesma nacionalidade condenado a vagar eternamente polos mares... ...